O Día Internacional da Familia celébrase todos os anos o día 15 de maio. Esta data foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grao de concienciación sobre os temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares.
Este ano céntrase en resaltar o papel que xogan as familias e as políticas orientadas ás familias no fomento da educación e no benestar dos seus membros, en particular, a educación infantil e a formación continua para nenos e mozos.
Pois ben, nós queremos colaborar como cada ano e agasallar ás nosas familias. Dárlles as grazas por todo ese traballo e dedicación que nos brindan día a día- sexan pais, nais, avós, irmáns,…
Nesta ocasión reciclamos uns "tapacubos", limpámolos ben e pintámolos, cada un de nós, ao seu gusto. Empregamos pintura en "spray", papel, goma eva, feltro, corda decorativa,… O último paso foi poñerlles uns "minuteros"; como nos foi imposible atopalos, decidimos mercalos por Internet, non tardaron moito en chegar, pois viñeron de China. Finalmente, instalámoslles os "minuteros" aos "tapacubos" e mailas pilas, e así de chulos quedaron…
Para vos, familia!!!
DÍA DA FAMILIA -
Kizoa Editar Videos - Movie Maker