sábado, 20 de noviembre de 2010

portacastañas
















Nesa semana todo o colexio participou nunha exposición de "portacastañas" que se instalou na entrada do colexio, e como podedes ver contaba con algúns ben orixinais. Se vos queredes animar para outro ano só vos fai falta un cartón de leite, zume... cortalo pola metade e decoralo como queirades. Claro que algúns botáronlle máis imaxinación e eles mesmos fixeron os moldes.

magosto 2010






O 10 de novembro celebramos no noso colexio o magosto. Despois de xantar todos no patio fixemos, mellor dito fixeron os profesores, as fogueiras para asar as castañas e aproveitar os tizóns para poñernos así de guapos. Velaí tedes unhas cantas fotos.

Novo curso con novos alumnos

Ola a todas/os.
Teño isto un pouco abandonado. Son varias as razóns: os nenos cos que comecei este blog xa promocionaron ao Instituto e agora estou con alumnos novos en 5º curso e entre coñecelos, coñecerme e outros líos co proxecto Abalar, no que andamos metidos este curso, pois o blog foise relegando a un segundo plano. A ver se pouco a pouco nos imos animando.

viernes, 2 de abril de 2010

Día Internacional da Muller



Co gallo do Día Internacional da Muller estivemos buscando información sobre mulleres que destacaron en diferentes campos: científicas, políticas, artistas, escritoras…todas elas pioneiras na loita pola igualdade, e con eses datos elaboramos entre todos/as este mural que vos mostramos a continuación. Sabemos que hai moitas máis e pouco a pouco á árbore iranlle nacendo máis follas.





Encontro co escritor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O mércores, 27 de xaneiro tivemos un encontro co escritor Antonio García Teijeiro na aula de cultura de Caixanova. Alí xuntámonos os alumnos de 6º de varios colexios de Ourense. O escritor estivo durante unha hora léndonos algúns poemas do seu libro Bolboretas de papel e nós axudabámoslle a recitalos e dramatizalos. Xogaba moito coas palabras e fíxonos ver que a poesía pode ser divertida.

Nós xa leramos o libro na clase e pareceunos moi bonito e fácil. Despois puidemos facerlle algunhas preguntas e por último firmounos os libros a todos os nenos.

Ao saír dirixímonos todos á Praza Mayor e alí cantámoslle todos unha canción e un representante de cada clase leu un poema do seu libro. Ao final fíxose unha solta de globos.

A Praza estaba adornada coas bolboretas que decoramos cada un de nós na clase. Nas seguintes fotos podedes observar o bonitas que eran as que nós fixemos.