Os maios
A festa dos Maios é unha festa tradicional da nosa cidade de Ourense, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia. Basicamente consiste na realización de construcións con elementos naturais tales como “musgo”, flores silvestres, uces, xestas, bugallos, madeira, sacos de esparto, etc. Arredor dos maios os seus autores cantan unhas coplas irónicas e críticas co acontecido ao longo do ano, tanto de asuntos próximos coma de carácter máis xeral.
A orixe desta festa era celebrar a chegada da primavera, de aí o emprego de elementos naturais que aparecen nesta época do ano.
Esta celebración primaveral adóitase celebrar en Galicia o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3 (aínda que nos últimos anos vense celebrando o domingo anterior a esta data, para que poida participar máis xente da festa).
Os pasos para facer un maio son:
1.Faise a estrutura do maio que se quere representar con madeira.
2.Cóllese un gran montón de brión (musgo).Se se ten que coller días antes é importante conservalo nun sitio á sombra e mantelo húmido.
3.Cóbrese a estrutura con tea de saco.
4.Despois cunha agulla grande e curva vaise cosendo o brion á tea de saco, e así ata cubrilo enteiro.
5.Despois adórnase con bugallos, xestas, flores...
Xa temos o maio, agora a facer as coplas.
Este ano no noso colexio fixemos por primeira vez un maio e quedounos moi ben como podedes ver na presentación. Aquí tendes as coplas que fixemos entre 4ºB e 5ºA que espero que vos gusten.
Bruno
lunes, 16 de mayo de 2011
domingo, 15 de mayo de 2011
Durante o primeiro cuatrimestre deste ano 2011 acudiu ao noso centro una monitora do Concello de Ourense para desenvolver coa nosa clase de 5º unha actividade de dinamización de biblioteca que solicitara a titora. Veu catro sesións, unha por mes, e cada sesión viña durando unha hora. O traballo consistiu en estudar as catro portas coas que contaba Ourense antigamente: Porta da Aira, Porta do Concello, Porta do Vilar e Porta da Rúa Nova e facer alguna actividade relacionada con cada porta: decorala, inventar unha historia, completar unha regueifa… Logo colocámolas nunha plantilla que nos entregou a monitora . Na clase, coa nosa titora, acabamos os traballos incompletos e rematamos de decoralas e o resultado final é o que podedes observar nestas fotografías. Foi unha actividade que nos gustou moito.
A monitora dixo que nos portaramos moi ben e que traballaramos moito e pediunos os traballos para levar a unha exposición.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)