lunes, 9 de junio de 2014

Para An Alfaya

Xa vos mostramos nunha entrada anterior os debuxos que fixemos para a escritora An Alfaya despois da lectura do seu libro Zoa e Azor, e agora mostrámosvos a composición que fixemos para a revista deste ano. Quedou así.


domingo, 8 de junio de 2014

Excursión a Marcelle

O día 29 de xuño os nenos e nenas de 3º ciclo fomos de excursión a Marcelle. Saímos ás 8:30 do colexio e regresamos ás 21h. Chegamos a Marcelle ás 10:30 e dividíronnos en dous grupos, cada un con seu monitor. Recorremos todo o zoo observando os diferentes animais que viven alí,  ademais relizamos  actividades moi divertidas coma o tiro ao arco. Só paramos para xantar. Ás 16:30 acabamos a visita.  Foron seis horas que se nos pasaron moi rápido pois pasámolo moi ben, só tivemos un problema que foi que non parou de chover en todo o tempo, aínda así foi unha xornada inolvidable e todos estamos dispostos a volver repetila. Logo tiñamos pensado recorrer a muralla de Lugo e dar un paseo pola cidade pero os profes decidiron non parar para que non nos mollaramos e tivemos que nos conformar con vela desde o autobús que  deu unha volta arredor de toda a muralla. Cando chegamos a Chantada deixou de chover e paramos a merendar nun parque moi bonito. Ao rematar regresamos a Ourense. Xa estamos pensando na excursión do ano que vén.
Aquí vos deixamos algunhas fotos deste bonito día.