sábado, 1 de julio de 2017

REMATAMOS A NOSA ANDAINA EN PRIMARIA

O venres 23 de xuño os/as alumnos/as de 6º de Primaria despedíronse, pois comezan unha nova etapa nas súas vidas. Con eles vivimos moitos momentos inolvidables que xamais esqueceremos. Oxalá alcancedes na vida todas as metas que vos propoñades. Traballade moito, sede valentes, e perseguide os vosos soños. O que un consegue con esforzo sabe mellor. Poñede o máximo de ilusión en todo aquilo que fagades, e sobre todo, comezade cada día cun sorriso. Non vos esquezades de nós. 




   Ata sempre rapaces!!!!!

jueves, 18 de mayo de 2017

NAVEGA CON RUMBO

O 16 de maio tivo lugar no noso centro a actividade denominada NAVEGA CON RUMBO, destinada ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. É unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O obxectivo  deste programa é formar ao alumnado nas boas prácticas no emprego de Internet, previndo o ciberacoso, a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.
 
NAVEGA CON RUMBO by Slidely Slideshow

domingo, 14 de mayo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

O Día Internacional da Familia celébrase todos os anos o día 15 de maio. Esta data foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grao de concienciación sobre os temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares.
Este ano céntrase en resaltar o papel que xogan as familias e as políticas orientadas ás familias no fomento da educación e no benestar dos seus membros, en particular, a educación infantil e a formación continua para nenos e mozos.
Pois ben, nós queremos colaborar como cada ano e agasallar ás nosas familias. Dárlles as grazas por todo ese traballo e dedicación que nos brindan día a día- sexan pais, nais, avós, irmáns,…

Nesta ocasión reciclamos uns "tapacubos", limpámolos ben e pintámolos, cada un de nós, ao seu gusto. Empregamos pintura en "spray", papel, goma eva, feltro, corda decorativa,… O último paso foi poñerlles uns "minuteros"; como nos foi imposible atopalos, decidimos mercalos por Internet, non tardaron moito en chegar, pois viñeron de China. Finalmente, instalámoslles os "minuteros" aos "tapacubos" e mailas pilas, e así de chulos quedaron…

Para vos, familia!!!


DÍA DA FAMILIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 9 de mayo de 2017

CONTACONTOS SM

O venres 28 de abril os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, asistimos a unha sesión de contacontos na nosa biblioteca do centro. Unha rapaza chamada Naty "natillas", que así se presentou, relatounos un conto dun rei, que tiña tres fillas e quería saber canto o querían. Deste xeito, foilles preguntando a cada unha delas, pero cando lle preguntou a terceira filla, esta respondeullle "Quérote como o pote quere o sal". E así foi como comezou ese conto no que algúns de nós fomos partícipes da historia.
Aquí vos deixamos unhas fotografías do ben que o pasamos nesta sesión de contacontos.

SESIÓN DE CONTACONTOS by Slidely Photo Gallery

jueves, 27 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Como cada ano, os alumnos/as maiores lenlles contos aos nenos e nenas máis pequenos/as. Esta actividade permite mellorar a capacidade lectora e a escoita activa e sobre todo, mellorar as relacións interpersoais do alumnado do centro.