jueves, 18 de mayo de 2017

NAVEGA CON RUMBO

O 16 de maio tivo lugar no noso centro a actividade denominada NAVEGA CON RUMBO, destinada ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. É unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O obxectivo  deste programa é formar ao alumnado nas boas prácticas no emprego de Internet, previndo o ciberacoso, a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.
 
NAVEGA CON RUMBO by Slidely Slideshow

domingo, 14 de mayo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

O Día Internacional da Familia celébrase todos os anos o día 15 de maio. Esta data foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grao de concienciación sobre os temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares.
Este ano céntrase en resaltar o papel que xogan as familias e as políticas orientadas ás familias no fomento da educación e no benestar dos seus membros, en particular, a educación infantil e a formación continua para nenos e mozos.
Pois ben, nós queremos colaborar como cada ano e agasallar ás nosas familias. Dárlles as grazas por todo ese traballo e dedicación que nos brindan día a día- sexan pais, nais, avós, irmáns,…

Nesta ocasión reciclamos uns "tapacubos", limpámolos ben e pintámolos, cada un de nós, ao seu gusto. Empregamos pintura en "spray", papel, goma eva, feltro, corda decorativa,… O último paso foi poñerlles uns "minuteros"; como nos foi imposible atopalos, decidimos mercalos por Internet, non tardaron moito en chegar, pois viñeron de China. Finalmente, instalámoslles os "minuteros" aos "tapacubos" e mailas pilas, e así de chulos quedaron…

Para vos, familia!!!


DÍA DA FAMILIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

martes, 9 de mayo de 2017

CONTACONTOS SM

O venres 28 de abril os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, asistimos a unha sesión de contacontos na nosa biblioteca do centro. Unha rapaza chamada Naty "natillas", que así se presentou, relatounos un conto dun rei, que tiña tres fillas e quería saber canto o querían. Deste xeito, foilles preguntando a cada unha delas, pero cando lle preguntou a terceira filla, esta respondeullle "Quérote como o pote quere o sal". E así foi como comezou ese conto no que algúns de nós fomos partícipes da historia.
Aquí vos deixamos unhas fotografías do ben que o pasamos nesta sesión de contacontos.

SESIÓN DE CONTACONTOS by Slidely Photo Gallery