jueves, 19 de noviembre de 2009

Taller de arqueoloxía
























Onte, 18 de novembro, pola mañá, acudiron ao centro dúas monitoras do Museo Arqueolóxico para desenvolver unha actividade, que levaba por título "Un taller de arqueoloxía", cos nenos/as de 6º curso. A actividade consistiu primeiro nunha presentación en power point sobre a historia do edificio onde hoxe está o museo e sobre o traballo que levan a cabo os arqueólogos, logo comezaron os talleres. Por grupos, mentres uns buscamos restos arqueolóxicos nunhas caixas de area, co material axeitado, outros estudabamos o material entregado polas monitoras, clasificámolo e tivemos que sacar as conclusións que puidemos: a que época pertencían os restos, pobo, profesión etc. explicando o porqué. Logo cada grupo expúxolles aos demais as súas conclusións. Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas.

Esta actividade foi solicitada polas nosas titoras e organizada polo Concello de Ourense.
Velaí van unhas cantas fotos para que vexades de que vai este taller.
Nota mestra: Ás titoras pareceunos unha actividade moi didáctica e aos nenos gustoulles moito.

lunes, 9 de noviembre de 2009


Mañá pola tarde no noso colexio celebramos o magosto (se nos deixa a chuvia) e todos os nenos do 3º ciclo imos lucir nas nosas lapelas estes fermosos "pins".

Mostrámosvos os marcapáxinas que fixemos na clase con motivos relacionados coa festa do magosto. Por unha cara leva unha folla do castiñeiro, que previamente secamos entre follas de libros, e pola outra, algunha cantiga, adiviña ou refrán referido á castaña, acompañado dunha ilustración feita por cada un de nós. Logo, plastificámolo e atámoslle a castañiña.

Agardamos que vos guste. ¡¡BO MAGOSTO!!

Co gallo do Día das Nacións Unidas (24 de outubro) decidimos estudar, un pouco máis polo miúdo, esta organización e para iso elaboramos cada alumno/a un traballo con información recollida en Internet e logo entre todos fixemos un mural que mostramos a continuación.

martes, 3 de noviembre de 2009

magosto 2009

O MAGOSTO

O magosto é unha festa tradicional do noso país, na que se reúnen varias persoas para asar e comer castañas.

O magosto é unha festa de homenaxe aos froitos de recente recolleita: castañas e viño, pero tamén é unha festa de amizade e veciñanza que acostuma celebrarse por grupos de idades

Celébrase na segunda quincena de outubro e primeira de novembro, pero as datas máis populares son a de Tódolos Santos e o día de San Martiño (11 de novembro), segundo a comarca. Cada data ten unha connotación diferente. A primeira está relacionada coas comidas fúnebres do día de defuntos, pois ata o séculoXVIII críase que cada castaña que se comía nestas datas era unha ánima que se liberaba do purgatorio. Nalgúns lugares facían os magostos nos cemiterios para facer partícipes dalgún xeito aos seus defuntos, e noutros facían os magostos nos soutos e coidaban de non apagar de todo o lume para que se viñesen quentar as ánimas. A segunda data (11 de novembro) xa non está relacionada coa morte e celébrase sobre todo na provincia de Ourense, festividade de S. Martiño de Tours, patrón desa diócese.

Os elementos indispensables para celebrar esta festa son as castañas, o viño e o lume. Pero hoxe en día fóronselle engadindo outros produtos coma chourizos, empanadas, churrasco, queimada, etc. dependendo das idades dos magosteiros.

Antes de botar as castañas no lume fáiselles un corte cun coitelo para evitar que estoupen, pero algunhas déixanse sen cortar para divertirse cos estoupidos.

Ao rematar, emborrállanse as mans cos tizóns das brasas e tratan de lixarse uns aos outros mentres comen as castañas e cantan cantigas.

Acostúmase competir coas fogueiras veciñas. Para acadar a maior cantidade de fume empréganse xestas e leña verde.

Á noitiña os magosteiros baixan do monte agardando que chegue o do ano que vén.