O 30 de xaneiro, Día da Paz, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso fomos cantarlles aos outros ciclos a canción do grupo Cómplices “Verdad que sería estupendo”, acompañada dun vídeo de youtube, ao que vos poñemos un enlace. Levabamos ensaiando a canción todos xuntos quince días e saíunos bastante ben, o vídeo tamén é moi bonito e ilustrativo. Pasámolo moi ben ensaiando a canción, aínda que era bastante difícil fomos capaces de aprendela porque puxemos moito interesepara facelo ben. Ademais fixemos para ese día unha especie de separadores que levaban por un lado unha frase dun personaxe que destacara na defensa da paz e pola outra ía adornada como cada un de nós quixo (non volos podemos mostrar porque aínda están colgados da árbore da paz que está colocada na entrada do colexio). Tamén fixemos uns medallóns que levabamos colgados cando fomos cantar a canción.
Aí vai o enlace ao vídeo que puxemos nós, hai moitas outras versións, todas moi bonitas. A nós pareceunos unha canción moi apropiada e fácil de entender para conmemorar o Día da Paz.