domingo, 16 de febrero de 2014

DÏA DA PAZ 2014

O 30 de xaneiro, Día da Paz, no noso colexio fixemos un acto moi bonito: cada un dos  nenos e nenas  fomos colocando sobre a silueta dunha pomba xigante, feita polos profesores,  unhas  bandeirolas  que pintaramos nas clases nos días anteriores.  Empezaron os nenos de infantil a colocar  as súas e logo continuamos os nenos e nenas dos distintos cursos de primaria.
 As  bandeirolas estaban colocadas sobre media pataca envolta en papel aluminio.
Ao rematar de completar a pomba,  entre todos cantamos  a canción de Juanes “Paz,paz,paz” acompañada dunha coreografía deseñada pola profesora Maite.
Como chovía tivemos que facer todos estes actos no salón de actos.
(Podedes ver as fotos  aquí no blog).


Outra cousa que fixemos para conmemorar o Día da Paz foi elaborar uns lemas sobre a paz, que logo os profesores colgaron nunha especie de árbore que temos na entrada do colexio.  (Nenos e nenas de 5º) 
Os nosos lemas sobre a PAZ
As nosas bandeirolas