O 21 de febreiro os nenos e nenas da nosa clase asistimos a una
charla sobre a reciclaxe titulada “Ti reciclas, Ourense gaña”.
Un señor explicounos,
valéndose dunha proxección, que os residuos non eran lixo, que os residuos eran
todas as cousas que non iamos utilizar máis porque deixan de ter valor para nós,
pero que se podían utilizar para outras cousas. Comentounos mediante unha
gráfica a cantidade de residuos que se producen en España e en Galicia durante
todo un ano e tamén como podiamos facer para reducilos. Ensinounos imaxes de
vertedoiros e díxonos que o material que non reciclabamos ía alí, e tamén nos
explicou como funciona Sogama.
Dixo que
podiamos reducir o lixo que facemos usando a “regra dos tres R”: reducir, reutilizar
e reciclar (nesta orde) e como había que reciclar correctamente pois se non o
faciamos ben todo o esforzo non valía para nada. Por exemplo, non se pode botar
un vaso ou un cristal dunha ventá no contedor de vidro porque isto non é vidro
senón cristal. Tampouco botar unha tina de plástico no contedor de plástico, só
envases. No de papel non botar papeis nin cartóns con graxa, ou mollados.
Pareceunos
moi importante esta charla porque aínda que había cousas que xa as sabiamos,
outras non e así poderemos contribuír a producir menos residuos, a reciclar ben
e polo tanto a mellorar o noso planeta.
(Xian e Ángel)