Os nenos e nenas da clase estivemos durante o 2º trimestre aprendendo a facer cabezudos nas clases de plástica. Dividimos a clase en cinco equipos. Cada grupo elixiu o cabezudo que quería facer. É moi fácil e divertido, aínda que hai que ter algo de paciencia porque hai que agardar a que sequen unhas capas para pegar outras. Elixe o teu modelo e a traballar.
1. Un globo grande.
2. Papel de periódico.
3. Cola de empapelar.
4. Pintura de auga.
5. Pinceis.
PASOS A SEGUIR:
1. Inchar un globo grande e atalo ben para que non perda aire.
2. Cortar papeis de periódico coas mans en anacos nin moi grandes nin moi pequenos.
3. Botar cola no globo cun pincel ou cos dedos e colocar os papeis pero coidando de que quede todo ben pegado.
4. Seguir pegando papeis ata cubrilo como mínimo con sete capas ou máis. Cada dúas capas que peguemos hai que agardar a que sequen antes de seguir pegando.
5. Cando xa estea coas capas necesarias elixes o personaxe que desexas facer e engádeslle os rasgos da cabeza.
6. Cando estea todo ben seco comezamos a pintalo con pintura de auga. Se queres podes pórlle tamén verniz por riba.
7. Se queres utilizar o cabezudo pincha o globo e faille sitio para meter a túa cabeza.
Aquí vedes os que fixemos. Xa falta pouco para rematalos.