Acabamos
de ler o libro “O pintor do sombreiro de malvas” entre todos os
nenos e nenas da clase e non deixou indiferente a ninguén. A uns
gustounos moito e a outros non tanto porque lles pareceu un pouco
difícil e triste. A maioría disfrutamos moito con el porque foi un
libro moi diferente aos outros que temos lido, era un libro moito
menos infantil e sentiámonos maiores léndoo. É certo que era un
libro máis complexo: tanto no vocabulario coma nas reflexións que
facía un dos personaxes, pero aí estaba parte do encanto do libro e
grazas ás aclaracións da profe non tiñamos problema para
comprendelo. Se seguides lendo podedes ver as valoracións que
fixemos cada un de nós e logo vós decidides.
Gustoume
moito porque o escritor tivo unha gran idea ao facer unha novela
collendo un personaxe real (o pintor Vicent Van Gogh) e a partir del
facer esta historia. Ademais a historia estaba moi ben narrada e era
intrigante aínda que con vocabulario e expresións algo complexas.
Tamén me gustou como o protagonista vai cambiando a súa forma de
ver o mundo na súa estadía en Auvers. É o libro que debes ler se
che gustan os libros bos, pero tristes. Recomendaría este libro para
calquera persoa de máis de 12 anos.
(Martín)
Este libro
encantoume porque tiña moito sentimento e bastante intriga. No libro
cáptanse moi ben os sentimentos dos personaxes. No vocabulario había
moitas palabras novas para nós e aínda que isto podía ser un
atranco, non o foi porque, ao lelo en voz alta, a profesora íanos
aclarando as dúbidas. O que menos me gustou foi que no final non se
chegou a saber que pasaba con algúns personaxes e a min gustaríame
coñecer o que pasaba con eles. O meu personaxe favorito foi o pintor
porque el non se deixa levar polo que fan todos, é moi especial.
Recomendaríallo a nenos de máis de 12 anos.
(Adrián)
Foi un
libro que a min non me gustou moito, porque foi triste e a min
gústanme os libros alegres e de aventuras. Ademais no final non se
aclararon algunhas cousas.
(Xian)
Este libro
gustoume moito porque expresa moi ben os sentimentos dos personaxes,
e é moi bonito. Ten partes con moita intriga e outras moi tristes
porque expresa tan ben os sentimentos dos personaxes que se es unha
persoa con empatía podes sufrir moito. Recomendaríallelo a nenos de
12 ou 13 anos porque ten un vocabulario e reflexións algo difíciles.
Isto para min non é negativo pois así aprendín cousas que me
servirán para o futuro ademais de disfrutar moito léndoo.(
Noelia Carnero)
Este libro
non me gustou moito porque tiña algunas partes que eran moi tristes
e porque o vocabulario era algo elevado para nós. O que máis me
gustou do libro son as reflexións que facía o pintor porque me
chegaron ao corazón e me ensinaron a pensar nalgunhas cousas. Eu
quedei con moita intriga porque o libro parece que non está rematado
xa que non resolven certas cousas.
(Iris)
A min non
me gustou porque me resultou difícil e porque ao final non sei que
pasou con algúns personaxes, ademais era moi triste.
(Yolanda)
A min
gustoume moito porque era intrigante e moi entretido. Aprendín e
disfrutei léndoo.
(Brandon)
Este libro gustoume porque era moi
intrigante , como me gustan a min os libros, e ademais expresaba moi
ben o que sentían os personaxes, ata chegou un momento, no final do
libro, no que eu sentín angustia polo que lle estaba a ocorrer ao
protagonista. O libro tiña un vocabulario bastante complexo para a
nosa idade, pero a min gustoume porque así aprendín palabras e
expresións novas. Tamén tiña reflexións filosóficas bastante
difíciles que lle dicía o pintor ao protagonista e que a min me
gustaron moito porque me axudaron a pensar e a madurar, coma ao
protagonista; servíronnos para reflexionar todos xuntos sobre elas
coa axuda da profe. A min o final do libro gustoume porque deixa
cousas sen resolver para que ti imaxines o que queiras.
(Ángel)