domingo, 18 de enero de 2015

Visita ao Parque Infantil de Tráfico

O  día 14 de xaneiro os alumnos e alumnas das clases de 5º  e 6ºA  fomos ao Parque Infantil de Tráfico, situado en Expourense, para traballar a educación vial de maneira práctica (segundo nos dixo a profe. 
Cando chegamos sorprendeunos moito o que había no circuito, era como unha cidade en pequeno, cos seus parques, casas, rotondas, xardíns, sinais... Recibíronnos tres persoas, unha delas era un policía local. Primeiro dividíronnos en dous grupos e mentres  a un lle estaba explicando o policía, sobre o circuito, o significado dos  distintos sinais, raias pintadas no chan, maneira de circular nas rotondas, principais normas de tráfico, etc o outro grupo estaba vendo un vídeo e unha proxección de diapositivas nunha sala próxima.  
Despois de recibir as explicacións do policía local  ese grupo collía as bicicletas e os "karts" e practicaba o que lle explicaran antes por todo o circuito. Foi moi divertido, e todos queriamos estar máis tempo practicando. Por certo,  dúas compañeiras foron seleccionadas para participar nun concurso polo ben que o fixeron. NORABOA!    
O vídeo tamén foi moi interesante pois trataba das similitudes do desprazamento dos animais e dos humanos e, por último, proxectáronnos unhas diapositivas sobre como circular coa bicicleta por estradas e pola cidade de maneira segura.
Pareceunos a todos unha saída moi divertida e na que aprendemos moito sobre educación vial, especialmente coa bicicleta.      
                 
                                                                                                Yolanda, Ángel e Noelia Carnero.