lunes, 15 de junio de 2015

DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºA

Acabouse o curso e con el unha etapa para nós. Que curta parece agora! Sen embargo a maioría dos nenos e nenas da clase levamos aquí desde os tres anos. Cando viamos marchar aos compañeiros doutras promocións tiñamos ganas de que nos chegara a vez a nós, sen embargo agora xa non estamos tan convencidos. Os sentimentos que temos son contraditorios, por un lado queremos marchar para o Instituto para vernos xa maiores e por outro non queremos deixar este colexio porque aquí medramos, fixemos amigos, aprendemos moito e nel sentímonos seguros.  A carta que redactou Noelia recolle o sentimento de todos nós e con ela despedímonos de todos. GRAZAS .

domingo, 14 de junio de 2015

DESPEDIDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºA

 O 14 de xaneiro deste ano fomos ao Parque Infantil de Tráfico, situado en Expourense, para traballar a educación viaria, como xa comentamos neste blog. Unha das actividades que fixemos foi andar en bicicleta por un circuito e dúas compañeiras da nosa clase, Noelia Carnero e Nerea Vidueiras, foron seleccionadas para participar no Concurso Provincial de Educación Viaria que tivo lugar tamén en Expourense o día     ás 16:30 h.  Noelia Carnero quedou semifinalista e recibiu de agasallo un trofeo en metacrilato, ademais dun diploma.  Nerea Vidueiras recibiu un pen-drive e tamén un diploma. Todos os compañeiros queremos felicitalas e darlles a NORABOA. Aquí tedes inmortalizado o momento da entrega de premios. 

Momento da entrega de premio a Noelia Carnero 
Noelia e Nerea cos seus diplomas e agasallos

domingo, 7 de junio de 2015

ACRÓSTICOS E CALIGRAMAS

Estase confeccionando un novo número da REVISTA ESCOLAR e, entre outras aportacións, a nosa clase fixo estes acrósticos e caligramas.



sábado, 6 de junio de 2015

Non queremos rematar sen facer referencia á excursión que algúns de nós fixemos a Madrid, na ponte do  1º de maio, organizada pola ANPA do colexio. Non imos entrar en detalles aquí porque non queremos pórlles os dentes largos aos nosos compañeiros que non puideron ir. Na nosa clase só fomos seis. Non fai falta que digamos que o pasamos xenial, nunca esqueceremos esta excursión, e queremos desde aquí darlles as grazas aos organizadores e acompañantes da viaxe, pois sabemos que levaron moito traballo para que todo saíse ben. GRAZAS
Por último, o 21 de maio tivemos no centro unha sesión de teatro representada polo grupo "Trécola". A obra titulábase "BIP, BIP, hai alguén por aí?" Esta actividade foi ofertada pola OMIC do Concello de Ourense. A finalidade desta obra é a de contribuir á concienciación de hábitos correctos de consumo nos rapaces da cidade. Á obra asistimos os alumnos e alumnas de 3º,4º,5º e 6º cursos. Foi moi divertida e didáctica.


Xa o 19 de maio tivemos a EXCURSIÓN A MANZANEDA  patrocinada pola Región. Foi un día moi especial polo lugar onde se desenvolveu, en plena natureza, polas múltiples e divertidas actividades que realizamos e ademais porque coñecemos e convivimos con nenos doutros colexios da provincia. Pasámolo xenial, malia o frío que fixo ese día. 


        
No telesquí.  Quen dixo frío!!
Unha cabana a proba de vendaval




      
Non faltaron os deportes
Despois de tanta marcha, había que relaxarse.

e repoñer forzas.

Se queredes ver máis fotos visitade a galería da páxina Web do colexio.
O Día do Libro participamos nas actividades de animación á lectura programadas pola biblioteca do centro na sección de "Apadriñamento lector". A nós tocounos lerlles aos compañeiros de 1º curso. Esta era a segunda edición desta actividade que gusta a grandes e pequenos.

O nosos compañeiro Eric

Gaiska escoita moi atento a Yolanda















3ª semana Mundial das Nacións Unidas sobre seguridade viaria.

Confeccionamos este cartel co lema:

                         "Por seguridade, usa o casco tamén na cidade".


O  15 de maio celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que este ano consistiu nun recitado de poesías e cantigas. Nós participamos co recitado da poesía "Palabras milenarias" elexida porque nos di que o galego é unha lingua moi antiga que foi conservada polos nosos devanceiros e que debemos seguir transmitindo. Tamén nos di que nesta lingua se pode falar de calquera tema e en calquera situación: das plantas, dos animais, facer poesía  e contos, pero tamén falar da ciencia, usala na liturxia, en internet, e, como non, para facerlle as beiras a alguén... Pensamos que non hai mellor homenaxe que se lle poida facer á nosa lingua.
Esta poesía  gustoulles moito aos nosos compañeiros e mestres e recibimos moitas felicitacións. 
Desde aquí pedímosvos que  faledes sempre en galego para que a nosa lingua dure outro milenio máis. 
Aquí tedes algunhas estrofas deste bonito poema de Ferro Ruibal:
 Temos na boca palabras milenarias
  pra falarmos moi en serio de voos supersónicos,
 de vídeo dixital, de castiñeiros clónicos, 
 de electromagnetismo, de leis hipotecarias,
 de fonosimbolismo, de veas coronarias.

Temos na boca palabras milenarias,
métellas aos fillos entre bicos, leite e pan,
úsamas no altar nas festas de gardar.
Fálame esta lingua no xornal e nas cadeiras.
Fálama,  meu rei, se me vés face-las beiras.

Temos na boca palabras milenarias;
elas fannos pobo e prometen un futuro
pero, como isto non está seguro,
nós cos nosos fillos xurámo-lo convenio
de que a nosa lingua viva outro milenio.

Momento da nosa actuación



UN TRIMESTRE CHEO DE ACTIVIDADES

Despois da visita á exposición de pintura de Antón Pulido, o 9 de abril, xa comentada con anterioridade, o 22 de abril visitamos as instalacións da Policía Nacional,  onde ademais de recorrer as distintas dependencias  con que conta o centro, explicáronnos o procedemento que se segue coas persoas que chegan alí detidas.

                  
                        Diante do edificio da Policía Nacional
Xa no interior das instalacións

Desde o helipuerto disfrutando dunhas fermosas vistas da cidade. 

O 23 deste mesmo mes fomos á Estación Depuradora de Augas Residuais de Ourense (EDAR)  
situada en Reza. Ao chegar, recibimos unha charla, acompañada dunha presentación, na que un monitor, que xa coñeciamos da visita á depuradora de auga potable, nos explicou  o tratamento que seguen as augas residuais para que cando volvan ao río non causen dano á flora e a fauna. Logo fixemos un recorrido por todas as instalacións, tanto interiores coma ao aire libre, vendo como se leva a cabo todo este proceso.
Instalacións da EDAR ao fondo

Explicación teórica sobre o tratamento das augas residuais.


Xa no exterior.




         
Vista das instalacións interiores