sábado, 6 de junio de 2015

O Día do Libro participamos nas actividades de animación á lectura programadas pola biblioteca do centro na sección de "Apadriñamento lector". A nós tocounos lerlles aos compañeiros de 1º curso. Esta era a segunda edición desta actividade que gusta a grandes e pequenos.

O nosos compañeiro Eric

Gaiska escoita moi atento a Yolanda















3ª semana Mundial das Nacións Unidas sobre seguridade viaria.

Confeccionamos este cartel co lema:

                         "Por seguridade, usa o casco tamén na cidade".


O  15 de maio celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que este ano consistiu nun recitado de poesías e cantigas. Nós participamos co recitado da poesía "Palabras milenarias" elexida porque nos di que o galego é unha lingua moi antiga que foi conservada polos nosos devanceiros e que debemos seguir transmitindo. Tamén nos di que nesta lingua se pode falar de calquera tema e en calquera situación: das plantas, dos animais, facer poesía  e contos, pero tamén falar da ciencia, usala na liturxia, en internet, e, como non, para facerlle as beiras a alguén... Pensamos que non hai mellor homenaxe que se lle poida facer á nosa lingua.
Esta poesía  gustoulles moito aos nosos compañeiros e mestres e recibimos moitas felicitacións. 
Desde aquí pedímosvos que  faledes sempre en galego para que a nosa lingua dure outro milenio máis. 
Aquí tedes algunhas estrofas deste bonito poema de Ferro Ruibal:
 Temos na boca palabras milenarias
  pra falarmos moi en serio de voos supersónicos,
 de vídeo dixital, de castiñeiros clónicos, 
 de electromagnetismo, de leis hipotecarias,
 de fonosimbolismo, de veas coronarias.

Temos na boca palabras milenarias,
métellas aos fillos entre bicos, leite e pan,
úsamas no altar nas festas de gardar.
Fálame esta lingua no xornal e nas cadeiras.
Fálama,  meu rei, se me vés face-las beiras.

Temos na boca palabras milenarias;
elas fannos pobo e prometen un futuro
pero, como isto non está seguro,
nós cos nosos fillos xurámo-lo convenio
de que a nosa lingua viva outro milenio.

Momento da nosa actuación