jueves, 26 de enero de 2017

TALLER DO PAN

O pasado mércores, 11 de xaneiro, todo o alumnado do sexto curso de Educación Primaria participamos nun taller de elaboración do pan no comedor do centro. A nosa mestra ía ser a nosa panadeira. 
Días antes fixemos unha lista con todos os ingredientes que íamos empregar: 
  • 500 g de fariña,  
  • 10 g de levadura, 
  • 300 g de auga tépeda 
  • 10 g de sal. 
Con todo isto, xa estabamos preparados para poñernos "mans ao bolo". Todos e todas aprendemos os pasos para facelo pan, fomos botando cada ingrediente pouco a pouco, logo amasamos ben e finalmente fixemos os bolos, e metémolos no forno. Agora, só quedaba esperar. Menudo arrecendo houbo ese día no colexio, humm!!

FACENDO PAN by Slidely Slideshow

jueves, 19 de enero de 2017

DESPEDIDA E NOVA ANDAINA

Despois da xubilación de María García Dafonte, a profesora que con profesionalidade, dedicación e cariño tivo a seu cargo a dirección deste blog e que construíu curso a curso coa colaboración dos seus alumnos, comezamos agora unha nova andaina na que reflectiremos as actividades, traballos, creacións ... que realizarán os alumnos e alumnas das aulas abalar do centro (5º e 6º de primaria), así mesmo compartirán connosco recursos e propostas relacionadas coas TICS. 
Queremos que siga sendo un elemento máis de comunicación entre os alumnos e a comunidade educativa onde podades ver o traballo que día a día realizamos no centro. Esperamos non desmerecer o traballo realizado por María García que nos deixou o "listón" moi alto. A ela desexámoslle o mellor nesta etapa da súa vida e un merecido descanso despois de tantos anos de esforzo e dedicación. 

Tamén contamos con todos para que nos sigades apoiando e visitando.