O pasado mércores, 11 de xaneiro, todo o alumnado do sexto curso de Educación Primaria participamos nun taller de elaboración do pan no comedor do centro. A nosa mestra ía ser a nosa panadeira.
Días antes fixemos unha lista con todos os ingredientes que íamos empregar:
- 500 g de fariña,
- 10 g de levadura,
- 300 g de auga tépeda
- 10 g de sal.
Con todo isto, xa estabamos preparados para poñernos "mans ao bolo". Todos e todas aprendemos os pasos para facelo pan, fomos botando cada ingrediente pouco a pouco, logo amasamos ben e finalmente fixemos os bolos, e metémolos no forno. Agora, só quedaba esperar. Menudo arrecendo houbo ese día no colexio, humm!!