O venres, día 4, celebramos o entroido no noso colexio cun desfile de comparsas e máscaras individuais, tamén houbo un recitado de coplas e a queima do meco. Durante esa semana estivo exposta na entrada do colexio unha exposición de carautas feitas por todos os alumnos e alumnas.
A continuación mostrámosvos as coplas que elaboramos os nenos e nenas de 5º. e algunhas fotos da nosa clase e do meco.
COPLAS DO ENTROIDO 2011
Aquí estamos todos
xuntos para queimar
este meco culpable
do que vos imos contar.
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Este curso 2011
troucho moito que falar:
que se directora nova
que se programa ABALAR.
Ía empezar en setembro
logo, polo Nadal,
estamos no entroido,
e Wifi non hai.
Meco culpable
estasnos a amolar
nós só queremos
poder navegar.
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Imos a outra cousa
máis de saborear
este curso comemos
verdura e froita a fartar.
Que se parva no recreo
que se peixe no xantar
a Maite moito mira
polo noso benesta.
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Cambiemos de tema
pois aí vén o AVE
e coas obras houbo
o que xa se sabe:
accesos cortados
lama nos camiños
e cansos e fartos
protestas dos veciños.
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Unha nova conserxe
ó colexio chegou
é boa e simpática
e nunca se enfadou.
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Para manternos en forma
chegou don Xosé
e despois das clases
non nos temos en pé.
Por iso o mandamos
de vacacións
e poñémoslle de deberes
facer 101 flexións.
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Pedímosche meco
Con moito cariño
Que nos concedas
Un polideportivo
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Ós mestres pedimos
algo de compaixón
e non tantos suspensos
nas avaliacións.
Habías ti, meco
ter que chapar
naturais e lingua
en vez de xogar.
Morre por vago
e por comellón
e por non estudar
por nós a lección.
Que traballemos máis,
que falemos menos,
que comamos de todo.
¡Isto non é para nenos!
Ai, ai, ai o entroido está a chegar
Meco trangalleiro
ímoste queimar
porque todo o ano
nos fixeches rabiar.
Agora vas estoupar
e volveremos sorrir
e para o próximo curso
non te queremos aquí.
Fuches ruin, fuches falso
tamén fuches lareteiro
agora aí tes o pago
debaixo do fumeiro.
Ai, ai, ai o entroido está a chegar