jueves, 31 de marzo de 2011

Visita á exposición da colección Zanchi



O día 29 de marzo, os nenos e nenas de 5º e 6º curso do noso colexio fomos ver a colección Zanchi ó Centro Social de Novacaixagalicia, na Praza Maior de Ourense.
Ó entrar recibiunos unha guía que antes de explicarnos os diferentes cadros, díxonos que había pouca iluminación na sala porque se non estragaríanse as pinturas, tamén nos informou de quen era a colección e de que alí só había 40 cadros dos 800 que posúe. A continuación explicounos varios cadros de pintores moi famosos como Rubens, Murillo, Caravaggio, Turner... e tamén a única escultura de bronce que existe na actualidade de Miguel Ángel (Átropos).
Todos quedamos impresionados coa exposición porque a guía explicounos moi ben o significado dos cadros, a elección das cores, a posición das figuras, a profundidade, por que nunhas épocas os temas elexidos eran sempre relixiosos e noutra eran retratos ... cousas que fixeron que todos estiveramos moi atentos e que se nos pasara a visita moi rápido.
"Eu ía á visita con pouca ilusión porque non me gustaba ver cadros, pero cando a guía nos explicou a historia de "Ártropos" que trataba da mitoloxía grega, que é o meu tema favorito, xa quedei enganchado; logo tamén chegamos a un cadro "Sileno ebrio" que ía sobre o mesmo tema
e que eu sabía ó que facía referencia polos libros que lin sobre este tema. Os outros cadros tamén me gustaron moito pero estes foron os que máis. Para min esta visita foi alucinante". (Even)
"A min o cadro que me gustou maís foi o "Descendemento da Cruz" de Rubens. Chamoume moito a atención e a guía explicounos moi ben todo o que se ve nel. Debes vir ver esta exposición". (Pablo)
"O cadro que máis me gustou foi o "Descendemento da Cruz". Gustoume moito esta visita inda que non me gustaba ir ver exposicións, pero a guía explicábanos os cadros moi ben e así aprendemos moitas cousas. Recoméndocha, vaivos gustar". (Fran)
" O que máis me gustou foi a escultura de Miguel Ángel e un cadro de Turner que era unha paisaxe moi difuminada. Non me gustaba ver cadros, pero agora quero que vaian vela os meus pais para explicárllelos eu. Paseino moi ben e aprendín moito". (Helleni)
"Esta exposición gustoume moito e era tan entretida que o tempo pasoume rapidísimo. Espero volver algún día cos meus pais antes de que a retiren e explicarlles eu os cadros". (Bruno)