O 4 de novembro fomos
ver o espectáculo de Danza Contemporánea que tivo lugar na Escola Municipal de
Artes Escénicas de Ourense. Foi unha actividade moi divertida e didáctica
porque participamos moito todos os
alumnos alí presentes, facendo
diferentes coreografías e representando o papel
do outro persoal que tamén é
necesario nun espectáculo, ademais dos actores e actrices, para que todo saia
ben (xefe de escena, xefe de sala, encargado do son, de luces…)