martes, 5 de enero de 2016

NADAL 2015

Xa chegamos ao Nadal e coma todos os anos no noso colexio celebramos esta festa con moitas actividades. Durante todo o mes de decembro estivemos  traballando arredor deste tema. Como podedes ver nas fotos da WEB do colexio  houbo  unha exposición  con árbores de Nadal. Nós realizamos algunhas reciclando revistas vellas e ademais un compañeiro noso trouxo feita unha da casa moi orixinal. Aquí as tedes:  




Tamén participamos no concurso de postais de Nadal. 
  




                                                   



                                                   





















Axudamos a decorar o corredor da segunda planta cos motivos que vedes na seguinte foto.





Pero o que máis nos gustou, aínda que foi o que máis traballo nos supuxo, foi a canción que preparamos para o festival de Nadal. Tivemos que estar ensaiando todos os recreos e tamén nas horas de relixión (agradecemos desde aquí o tempo e a axuda que nos prestou a profe de relixión) e nos últimos días, nalgunhas horas de clases. Ademais de ensaiar a canción tivemos que confeccionar un mural  onde se representaba a Terra,  feita en plastilina, rodeada de palabras  relativas a problemas que padece hoxe o mundo e que logo no medio da canción sustituiamos por outras contrarias, en positivo, tal como nos gustaría a nós. A canción acompañámola dunha coreografía que fixemos ao final da canción, tivémola que ensaiar moitas veces. Traballamos moito pero ao final  o esforzo mereceu a pena: todos nos felicitaron, tanto mestres coma compañeiros e o día da actuación para os pais aplaudíronnos a rabiar, incluso houbo moitos pais que chegaron a emocionarse.  A experiencia non puido ser máis positiva para nós.
Estas son as dúas visións do mural. 

                                                                        Así vemos a Terra hoxe

Así queremos nós a Terra



Cantando "Pintar as verbas de PAZ"

Podedes ver máis fotos na presentación e tamén o vídeo da actuación.