O venres, día 27 de maio os nenos de 5º e 6º fomos ver a exposición "A FRONTEIRA INFINDA" á Sala de Exposicións Afundación. Esta exposición achegounos á arte realizada por creadores galegos fóra de Galicia, ao longo de boa parte do século XX. Vimos obra de Castelao, Maruja Mallo, Laxeiro, Luis Seoane... e antes realizamos un obradoiro que consistiu en supoñer que eramos un grupo deses pintores emigrados e tiñamos que elaborar a portada dunha revista, unha entrevista a un deles, unha obra, o cartel anunciando unha exposición que ía ter lugar proximamente e unha viñeta cómica... Mirade o resultado.
Traballando no obradoiro |
Mostrando a obra realizada |
Gustounos moito como a monitora enfocou a visita porque nos fixo participar moito e tamén resultou moi positivo o obradoiro.