martes, 18 de octubre de 2011

Descrición da miña avoa Georgeta

A miña avoa é alta, anda moi dereita, aínda non está nada encurvada. O seu pelo é ondulado e negro e teno sempre recollido cun pano. A súa cara é redonda, as cellas tenas moi poboadas e a súa boca pequena. Os brazos son largos e delgados e as pernas tenas moi bonitas, sen mancadelas nin varices.
Cando vai calor viste cunha camisa de manga curta e cunha saia de tea fina, e no outono e inverno usa prendas de la porque alí vai moito frío, pero sempre cun mandil por riba.
Gústalle moito coidar do gando, ir á misa tódolos domingos e ler a biblia. Sempre está facendo algo, non para un momento.
O seu carácter é bo, sobre todo cos seus netos, pero sabe enfadarse cando é necesario, sobre todo co meu avó.

Helleni