martes, 18 de octubre de 2011

descrición do meu amigo Pablo

O meu amigo Pablo é un rapaz de 11 anos de idade. É alto e corre moito, ten moita forza, parece un animal salvaxe. Ten un corpo atlético. O seu pelo é de cor castaño e ten os ollos marróns, unha característica do seu rostro é que ten a cara ovalada. Usa gafas.

Ten un carácter agradable e é simpático, tanto que algunas veces parece como se estivese tolo, por exemplo, un día atouse coa mochila á súa cadeira, todos comezamos a rir e Fran tívolle que deixar as súas tesoiras para poder desatalo. A miúdo fai moitas trasnadas e está moitas veces castigado.

Leva boas notas, pero podería levar todo sobresalientes se non fose tan folgazán.

Unha das súas moitas afeccións é xogar o fútbol, aínda que chupa moito e non solta o balón. Gústanlle todo tipo de deportes.

Gústame moito estar con el porque non me aburro nunca.


Bruno