martes, 4 de octubre de 2011

Unhas vacacións especiais

Estas vacacións foron moi especiais para min porque me deixaron coidar o can dos donos da tenda onde traballa a miña irmá toda unha fin de semana; e ao final logrei que me deixaran quedar con ela.

Un mes despois escapou. Estaba paseándoa e esvaroume a correa que levaba posta e, co ruído da correa, asustouse tanto que saíu correndo pola rúa. Pasamos a tarde buscándoa e non apareceu, ata puxemos carteis. Despois de tres días sen aparecer, xa vos podedes imaxinar como me atopaba eu, chegou ela soa á casa. Volvín ser a nena máis feliz do mundo.

Sara