O día 15 de xaneiro os nenos de 5º e 6º tivemos unha charla no colexio sobre hixiene dental. Primeiro a monitora ensinounos un vídeo sobre os dentes, como coidalos e previr as caries; logo estivo un anaco ensinándonos a cepillar os dentes: díxonos que había que cepillalos dende a enxiva ata a coroa, por diante e por detrás, sen esquecernos das moas que as hai que cepillar en movementos circulares. Todo isto débese facer tres veces ao día, e que o momento máis importante é á noite. Para isto utilizou un modelo de dentadura moi grande. Tamén nos falou das partes dun dente e os distintos tipos de dentes, do que era a placa dental e como ocasionaba a caries, da necesidade de acudir ao dentista dúas veces ao ano... Ao final puidemos facerlle algunhas preguntas.