O día 18 de decembro de 2013 os nenos e nenas
de 5º e 6º do noso colexio fomos ver a exposición “A restauración no museo” que
estaba instalada na sala de exposicións de Novagalicia Banco na Praza Maior de
Ourense. Alí unha guía mostrounos as distintas esculturas e cadros, todos
relixiosos, e feitos en madeira. Logo explicounos cales son os males ou
enfermidades que poden presentar as esculturas e as pinturas feitas en madeira e a maneira de restauralas.
Para
saber que problemas presenta fanlle á peza unha especie de radiografía. Unha
das cousas que máis importante é na restauración dunha obra é que non se lle
pode engadir nada novo. Das enfermidades que poden presentar estas obras unha moi importante é
a presenza de termitas e a monitora díxonos que para eliminalas inxéctanlles un
insecticida cunha xiringa en cada burato e logo envólvenas nun plástico ben
pechado e extráenlle o aire e así as termitas morren por falta de osíxeno.
Están así envoltas arredor dun mes. Outro problema importante que presentan
estas obras é a debilitación da madeira que deben solucionar para darlle
consistencia aos soporte das obras.
Despois de explicarnos estas e moitas outras cousas sobre a restauración de
obras en madeira fixemos un taller onde por grupos tiñamos que detectar que
problemas presentaba unha obra que nos deu fotografada e cales serían as
medidas que habería que tomar para restaurala, esta peza era o Santiago Peregrino.
Gustounos moito facer de restauradores e puidemos aplicar os coñecementos que
adquirimos ao longo da visita. Esta visita gustounos moito a todos e á nosa
mestra tamén.