martes, 14 de enero de 2014

Película "O APÓSTOLO"


Película ”O APÓSTOLO”

O 30 de novembro de 2013, pola mañá, os alumnos e alumnas de 5º e 6º do noso colexio fomos ao auditorio de Ourense ver a película “O Apóstolo”. Alí xuntámonos con moitos nenos doutros colexios. Esta película foi feita coa técnica de Stopmotion que consiste en poñer en distintas posicións os bonecos e sacarlles fotos para que ao final pasándoas rápido pareza como que son eles os que se moven. Ao final da película presentouse o director da película, Fernando Cortizo, ao que tivemos oportunidade de facerlle moitas preguntas. Así soubemos que lle levara facer a película uns tres anos xa que case todo era artesanal, que os bonecos estaban feitos de silicona e por dentro tiñan unha especie de esqueleto que lles permitía facer os movementos, que tardaron un mes para facer o primeiro boneco e moitas outras cousas.


Esta película trata sobre un preso que se escapou do cárcere e diríxese a un pobo, que queda no camino de Santiago, en busca dunhas xoias que deixou agochadas un compañeiro seu. Alí sucédenlle cousas moi raras xa que había séculos un peregrino contaxiara aos seus habitantes a peste negra e desde entón a Santa Compaña collía a unha persoa do pobo e eles o que facían era enganar aos peregrinos e substituilos por eles. Esta película está competindo polo Óscar de mellor película de Animación 2013. (Ángel e Martín)

Valoracións película “O Apóstolo”:

"A película foi emocionante e divertida. A min gustoume moito e paseino moi ben. Recoméndollela a nenos a partir de nove anos". (Noelia)


"A película gustoume moito porque ten moita intriga e misterio e ademais gústanme as lendas sobre pantasmas. Recomendaríalla a persoas maiores de oito anos porque tamén dá medo". (Martín)

"Gustoume onde estaba ambientada a película, pero non a historia". (Miguel)


"A min encantoume, pareceume moi fermosa". (Telma)


"A min esta película encantoume, non me estraño que estea competindo polo Óscar na categoría de mellor película de animación 2013. Eu calificaríaa cun 10". (Adrián)
 "A película , en xeral, gustoume, porque era de medo e a min gústame este xénero, pero había algunhas partes que non me gustaron porque non as entendía". (Hugo)
  "A min a película non me gustou porque me daba medo, de todas formas aprendín algo novo, xa que eu non sabía que existían as películas feitas coa técnica de stopmotion e tampouco sabía o que era a Santa Compaña. Eu recomendaría que só a visen as persoas maiores". (Alexia)