O 12 de marzo tivemos unha charla no centro que tiña por título "Na casa todos iguais". Esta charla escolleuna a profesora para traballar a igualdade entre homes e mulleres e así conmemorar o Día Internacional da Muller, que fora o 8 de marzo. O tema tratado foi a necesidade de compartir entre todos as tarefas do fogar. A monitora mostrounos o vídeo Un sueño imposible e tamén cubrimos un cuestionario sobre quen facía cada unha das tarefas na nosa casa e logo fixemos un contrato no que nos comprometiamos a facer algún labor na casa.