O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día no ano 1616
faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e
Garcilaso de la Vega. Tamén se conmemora o nacemento ou morte doutros autores importantes como Maurice Druon, Haldor K. Laxness,
Vladimir Nabokov, Josep Pla y Manuel Mejía Vallejo.
A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés propoñéndolla á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Afonso XIII de España en 1926. O Día del Libro foi presentado polo goberno español á Organización das
Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Proposta que se aprobou na Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París no 1995, proclamando o 23 de abril de cada ano como "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".
"Ventana abierta a la
diversidad de las culturas y puente tendido entre las civilizaciones,
vector de valores, de saberes, del sentido estético y de la imaginación,
el libro es ante todo obra de la inteligencia, la creatividad y la
cultura humanas: por ello enriquece el patrimonio inmaterial de la
humanidad..." (Koïchiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO).
Frase de celebración do Día Mundial do Libro 2014:«...Nuestra finalidad está clara: alentar a los autores y artistas y velar por que la alfabetización y los formatos accesibles lleguen a más mujeres y hombres, porque los libros son nuestras herramientas más poderosas para erradicar la pobreza y construir la paz.»
Sra. Irina Bokova, Directora General de la UNESCO
Como o celebramos nós?
O 23 de abril os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º lémoslles un libro aos máis pequenos. Cada un de nós escolleu un libro, dos xa seleccionadas polos mestres, e despois de ler cada un o seu na clase, para facelo o mellor posible, aquel día pola mañá baixamos ao patio acompañados cada un do neno ou nena que lle tocara. A nós tocounos lerlles aos de 1º curso. Xa no patio colocámonos cada parella onde quixo e puxémonos a ler o conto. Nós tivemos un pouco de mala sorte porque non nos puidemos sentar na herba, como tiñamos pensado, xa que estaba mollada, e tivemos que sentarnos nos patios cubertos.
Foi moi interesante, nós pasámolo ben léndolle aos pequenos e eles tamén nos dixeron que lles gustaran os contos elexidos.
Podedes ver as fotos na presentación anterior.