Durante o 2º trimestre estivemos lendo todos xuntos na clase, en voz alta, o libro da escritora An Alfaya "Zoa e Azor". Ao principio parecíanos algo difícil porque tiña moitas palabras descoñecidas para nós, pero só foi nos primeiros capítulos, despois xa non. A historia foi incrible, xa a profe nos dixera que nos ía gustar moito e así foi. Cada día liamos só unhas poucas páxinas e sempre quedabamos coas ganas de saber que ía ocorrer, porque tiña moita intriga. Outra cousa que nos gustou del foi que se coñecía moi ben como era cada un dos personaxes do libro, non fisicamente senón o que sentían. Ninguén quería que rematase. A historia é moi triste, como pode haber xente tan mala coma Tomás!!
Aos que lles gusten os cabalos e non sexan ruíns coma Tomás, seguro que lles vaia gustar. LÉDEO
Ao acabar de lelo fixemos moitas actividades arredor del, e unha delas foi facerlle un debuxo para a escritora cunha frase de agradecemento. Podedes velos nesta presentación.