Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, poeta moi popular, comprometido con Galicia e autor da obra poética máis extensa das nosas letras.
Publicou máis de cincuenta libros de poesía, trinta ensaios, quince obras narrativas, vinte pezas teatrais e moitos artigos xornalísticos. Foi traducido a numerosos idiomas e é o poeta galego máis musicado. Toda a súa obra reflicte o seu amor a Galicia, á súa terra, á xente, á lingua, ás cousas cotiás...
Dedicounos unha atención especial aos nenos e nenas, galegos con poemarios, contos e obras teatrais. No prólogo do libro As rúas do vento ceibe di Manuel María: “Si estes poemas, sinxelos e simples, vos deprenderan a amar a nosa patria Galicia, este voso vello amigo sería o home máis feliz do mundo”. Pois ben, poderás entón sentirte moi feliz alá onde esteas, porque conseguiches que cos teus versos milleiros de nenos e nenas galegos coñezamos e apreciemos máis ao noso país, á vez que espertaches en moitos de nós o gusto pola poesía. GRAZAS
Estivemos traballando arredor de Manuel María todo o mes de maio, primeiro lendo a súa biografía e logo lendo e recitando os poemas dos libros que escribiu para nenos Os soños na Gaiola e As rúas do vento ceibe, tamén escoitando moitos destes poemas musicados. Nós eliximos un deles "A Fala" para recitalo o día do festival, acompañado da flauta que tocaron dous dos nosos compañeiros.
A nivel plástico decidimos ilustrar cinco dos seus poemas con diferentes técnicas. Podedes velos a continuación.
Con estes murais fixemos un especial sobre Manuel María para a revista escolar.
Manuel María non te imos esquecer nunca.
Se queredes coñecer mellor a este gran poeta galego podedes visitar estas páxinas:
Coordinadora Galega de ENDL
Casa Museo Manuel
Seminario Galán