jueves, 19 de diciembre de 2013


ENLACES PARA REPASAR OS TEMAS DE MATEMÁTICAS DA 1ª AVALIACIÓN
Insértovos algúns enlaces para que poidades repasar os diferentes temas de matemáticas que demos neste trimestre. Hai moitas actividades, facede as que queirades daqueles temas que demos nesta avaliación. Estas actividades son totalmente voluntarias.
Estade atentos por se vos vou indicando máis páxinas ao longo das vacacións.

martes, 26 de noviembre de 2013

COMPOSICIÓNS CREATIVAS


TAREFA:
Con estas oito palabras debedes inventar unha historia relacionada co magosto: botas, esquío, magosto, verme, cogomelo, souto, gris e chuvia.

 A continuación mostramos algunhas delas:


Para  celebrar  o  día  do  magosto,  no  pobo  de  Untes,  os  rapaces  máis  novos  saíron  pola  mañá  a  recoller  castañas  ao  souto  que  había  preto  de alí.
Era  un  día  gris,  frío  e  de  chuvia,  polo  que  tiveron  que  poñer  botas  de  auga,  chuvasqueiro  e  levar  un  paraugas  vello  que  tiñan  gardado  para  eses  días.
De  camiño  ao  souto  atoparon  dous  esquíos  que  subían  por  un  tronco  dun  carballo  centenario. Entretivéronse  mirando  como  os  esquíos  comían  nas  landras  e  recollendo  cogomelos.
Cando  chegaron  ao  souto  había  castañas  no  chan,  pero  tiveron  que escollelas  moi  ben  porque  algunhas  tiñan  vermes.
Encheron  todas  as  cestas  que  levaban  e  voltaron  moi  contentos  para  celebrar  pola  tarde  o  magosto.       Noelia   


Pasou o verán e de novo chega o outono. Os meteorólogos pronostican chuvia e moito frío. É o 11 de novembro, e coma cada ano, os nenos xuntámonos para celebrar o magosto.
Entre todos os rapaces decidimos como queriamos celebralo. O día amosábase  gris e as temperaturas
refrescaban cada vez máis, así que puxemos as botas de auga e fomos ó monte buscar un sitio para facer a fogueira. Alí había un souto con moitos castiñeiros, e debaixo dun deles, un esquío roía unha landra.
Collemos de paso unhas poucas castañas e ata atopamos algùn que outro cogomelo .
-Miúda cea  nos imos dar: cogomelos, castañas, churrasco!- dixemos nós.
Fixemos a fogueira e nela cociñamos todos os froitos que atopamos no souto e mais o churrasco. Aínda que algunha tiña o verme, estaban moi boas. O magosto resultou ser todo un éxito.                      Alberto 


Dous rapaces dun pobo da montaña do Courel, querían celebrar o magosto do 2013. Os rapaces Xoán e María, de 10 anos, tiñan que conseguir as castañas, así que lle pediron permiso aos seus pais, puxeron as súas botas de auga, e alá foron ao souto. O ceo estaba moi gris, a paisaxe que viron era outoniza, o terreo moi abrupto e o chan estaba mollado, debían andar con coidado. Había cogomelos, fentos, silvas, algúns acivros, pero o que máis había era castiñeiros. Os rapaces non se libraron da chuvia, pero foran precavidos e levaran paraugas. Cando chegaron onda o castiñeiro máis vello, puxéronse a apañar as castañas, pois eran as máis saborosas. Máis tarde os rapaces viron un esquío, e acercáronse a el, e o esquío contoulles que un lobo  que comía rapaces vivía nese monte, e Xoán e María colleron moitísimo medo. Máis adiante viron o verme Lucerne, e preguntoulles  se o esquío Marío lles contara unha historia dun lobo, eles contestáronlle que si e el díxolles que non lle fixesen caso, que era mentira, os rapaces déronlles as grazas e marcharon do souto. 
Cando chegaron á súa casa e lles contaron o que pasara no souto, non os creron. Ao día seguinte, fixeron o magosto, foi moi divertido e os nenos pasárono xenial, e Xoán e María acordaron volver outro día ao souto para ver se conseguían atopar o verme que tan ben se portara con eles.     Ángel


Nunha aldea chamada Porcho vivían dous rapaces, un chamábase Bruno e o outro Xoán. Un día cando estaban en clase a profesora díxolles que para preparar o magosto ía facer varios grupos de traballo.
 A Bruno e a Xoán tocoulles ir coller cogomelos e elixiron ir collelos o venres pola tarde, pois dixeran no tempo que na fin de semana ía chover e facer moito frío. Foron a un souto que estaba preto da súa casa.O ceo estaba gris aquel día pero polo menos non facía falta pór as botas de auga. 
Bruno cando estaba a punto de coller un cogomelo oíu unha voz.
-  Dixeches algo? - Preguntoulle Bruno a Xoán.
-  Non – contestou Xoán.
Entón deuse conta de que a voz proviña dun verme que estaba no chan.
- Non me roubedes o meu cogomelo, ladróns  - dixo o verme.
-  Que  queres a cambio? – preguntoulle Xoán.
-  Quero encontrar o meu amigo o esquío.
-  E logo que fixo? Igual anda escondéndose da policía! – exclamou Bruno.
-  Non, non. – respondeu o verme.
-  Bufff…-suspirou Bruno – entón que é?
-  É que o esquío foi a unha festa e aínda non volveu, e disto hai máis de 24 horas.
-  Entón que queres que fagamos?- preguntoulle Xoán.
-  Quero que o atopedes. Cos vosos pasos de xigante chegaredes antes ca min. - Dixo o verme.
-  A onde  foi? - Preguntoulle Xoán.
-  A Porcho. A festa é no xardín traseiro dunha casa que parece un pazo, moi bonita.
-  É ao lado da  miña casa! - Exclamou Xoán.
Os dous voltaron correndo. O primeiro que fixo Xoán ao chegar foi parar a música e todos os animais quedaron quedos.
-  Onde está o esquio?- preguntoulles Xoán.
-  Entrou na casa . – Dixéronlle os animais.
 A dona da casa déralle ao esquío cun pau, porque lle estaba comendo as noces, e deixárao inconsciente.
-  Déme o esquío?  - díxolle Xoán á muller.
Os dous foron correndo e levárono ata o verme.
-  Está morto? – preguntoulle o verme a Xoán.
-  Non, só está inconsciente.
E o verme deulles o cogomelo. Ao día seguinte foron á escola e mostráronlle o fungo á profesora.
-  É unha especie moi rara, é mellor gardala en vez de consumila. – Comentoulles a súa profesora.
Bruno e Xoán saíron da escola moi ledos de atoparen un fungo tan preciado o cal foi exposto, para que todos o puidesen observar,  na entrada do colexio.       Martín


A  comenzos de novembro uns  rapaces que  vivían nunha aldea de  Ourense chamaba Santa Cruz de Arrabaldo querían celebrar o magosto e  como non tiñan castañas  decidiron ir ao souto  a recollelas.  Como  o bosque estaba mollado  pola chuvia e o día estaba frío  e gris puxeron as botas de auga  e chuvasqueiros. Polo camiño atoparon cogomelos  e decidiron collelos, porque a nai dun deles coñecíaos    e ao mellor facíalles unha tortilla con eles.  Cando xa viñan para a casa cos cogomelos e as castañas atoparon un esquío e capturárono .
Ao chegar á casa foron deixar todo na bodega e marcharon durmir. Ó  día seguinte  cando  foron buscar os cogomelos e as castañas  para asalas non atoparon ningunha, porque o esquío saíra  da caixa onde o meteran  e rilláraas todas, o único  que había no chan era una verme que saíra dunha  castaña furada .

Os rapaces quedaron  pampos e moi  amolados, porque  aquel ano  non podían  celebrar  o  magosto. Yolanda


lunes, 25 de noviembre de 2013

REFRÁNS, CANTIGAS E ADIVIÑAS
















A continuación mostrámosvos as cantigas, refráns e adiviñas obre a castaña e o magosto que recompilamos os nenos e nenas da clase, preguntando aos nosos avós e avoas e ás persoas maiores da nosa aldea ou barrio. GRAZAS A TODOS ELES.

                                REFRÁNS
Polo San Martiño mátase o porquiño.
Relámpagos en San Xoán, as castañas vano pagar.
Castañas noces e viño son as delicias do San Martiño.
Polo san Martiño, castañas e viño.
Auga en agosto, nin bo viño nin bo magosto.
A chuvia en agosto, non trae bo mosto, nin bo magosto nin bo entrecosto.
Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.
As castañas en agosto queren arder e en setembro beber.
Polo magosto, castañas e mosto.
Polo San Martiño chourizos, castañas e viño.
Por San Martín, castañas mil.
Ao pé do lumiño cómense castañiñas e tómase o viño.
Ao chegar o San Martiño mátase o porquiño e próbase o viño.
A todo porquiño lle chega o San Martiño.
Con castañas e viño novo xa non morre o pobo.
O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño.
Despois do San Martiño vén o inverno de camiño.



                            CANTIGAS

Outono bonito                       Acabouse a vendima                     
folliñas no chan                     comeza a esfollada,                        
castañas asadas                    tempo de comer cos veciños         
que ricas están.                     catro castañas asadas.                    


             Non chas quero,  non chas quero, 
             castañas do teu magosto
             Non chas quero,  non chas quero, 
             que me cheiran a chamosco

A castaña no ourizo                      Debaixo do castiñeiro
venche sei o que fai:                     dá gusto parrandear
cando está verde madura,            como ten a folla ancha
cando está madura cae.                non deixa entrar o luar.

 Cunhas castañas quentes            Namoreime da castaña
 sen fame estarán as xentes         namoreime do ourizo,
 cun vasiño de viño                        namoreime de ti nena
 completo o San Martiño.              porque tes o pelo rizo.

Namoreime da castaña                A castaña no  ourizo,            
namoreime do ourizo,                   o ourizo no castiñeiro;           
namoreime de ti nena                   non te namores meniña       
porque tes o pelo rizo.                  do fillo do mariñeiro.             

 Xa estoupan as castañas,           As castañas son castañas
 xa se oen os nenos berrar,          os ourizos son ourizos,
 porque a festa do magosto          os ollos da túa cara
 está a piques de empezar.           para min son dous feitizos.

                    ADIVIÑAS

Alto vivo                             Son pequena,                     
mírame a xente                  e a miña cor é marrón     
e se me río                         cando chega o outono      
quedo sen dentes.              métenme no fogón.          

 Alto estou                         Pódeseme asar,      
 cor de ouro teño               pódeseme cocer,          
 e por unha risada             e aínda sen facer        
 perdo o que teño              pódeseme comer.

                Unha cousa que vive na devesa.           
                e vaille picar o cu á artesa.                         

               Cando ourizo aberto atopas no chan,
               que é doado coller coa man?

Alto me vexo                     Son  branca, non son papel,
no meu capelexo               son verde, non son limón,
ladrón vexo vir                  son vermella, non son sangue,
e co meu carapucho          son negra non son carbón.
non podo fuxir.                  Quen son?
           
           No alto estou e se me río alá me vou.

Alto me vexo                         Teño moitos fillos,                      
no meu capelexo                   cheos de ourizos                        
por unha risada                     un tronco moi groso                  
quedei sen nada.                   e teño moitos picos.      
               
Podes comerme crúa,          Alto, alto cabaleiro
asada e tamén cocida,         dálle a risa   
con ovos  e con leite            e perde o diñeiro.
secas ou fervidas.

Son unha festa esperada              Hai anos saquei a fame
que á xente sei divertir                 de moitos meniños
nacín o 11 de novembro                tamén farto a barriga
e non sei quen son, sábelo ti?       de numerosos porquiños.

                     Arredor dunhas fogueiras                             
                     con gañas de pasalo ben,                          
                     brincaremos e cantaremos                         
                     ata o ano que vén.                              

CHARLA SOBRE SEGURIDADE EN INTERNET

A POLICÍA NACIONAL ALERTA DOS PERIGOS DE INTERNET AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE ALBINO NÚÑEZ

Noelia e Martín  
Alumnado de 5º e 6º durante a charla

O día 8 de novembro,venres, no CEIP Albino Núñez tivo lugar unha charla-coloquio sobre  seguridade en internet, impartida por unha axente de policía, á que asistiron os nenos/as de 5º e 6ºde primaria.
Explicoulles que  tiñan  que  ter  coidado  coas  páxinas  de  Internet  por  onde  navegan,  os  perigos que pode haber cando se conectan ás redes sociais como pode ser o uso inapropiado da webcam ou que pasa se mandan demasiada información,  que debían ser  moi  prudentes  nos  datos  cos  que  eles  se  manexan  nesas  páxinas (non dar nunca datos reais, non interactuar con descoñecidos...)  Faloulles tamén  como podían sufrir acoso a través da rede e moitos máis consellos para navegar seguros por internet.

Os alumnos mostráronse moi interesados e fixeron moitas preguntas.

lunes, 11 de noviembre de 2013

UN ESCALOFRIANTE PASEO

Nos juntamos, como de costumbre, un par de amigos para ir a pasear. Esta noche cambiamos nuestro itinerario. En lugar de ir por el paseo que bordea el río decidimos dar un paseo por los alrededores del pueblo. Al pasar por el lado del cementerio parroquial observamos que las campanas no estaban en el campanario, que las macetas y flores estaban tiradas por el suelo, las lápidas estaban movidas. Decidimos entrar para ver que estaba pasando De pronto sentimos una fuerza muy rara que nos empujaba. No se veía a nadie. De repente comenzaron a aparecer cadáveres por todas partes. Unos estaban sin cabeza tirados en los pasillos, otros asomaban sus cabezas ensangrentadas por las esquinas de los nichos, otros venían hacia nosotros y en sus manos traían guadañas, moto sierras y hoces. 
Los ataúdes estaban vacíos. Junto a ellos vísceras y sangre y un montón de arañas, ratas y serpientes haciendo su agosto. Las caras de los muertos tenían clavados cristales. Estaban en su mayoría comidos por la enorme cantidad de depredadores que allí había. Algunos no tenían ojos, otros en las órbitas oculares tenían nidos de avispas y mosquitos. En la sangre de los difuntos nadaban libélulas, cucarachas y moscas.
Estábamos amedrentados cuando, en medio del silencio que había, se oyó un ruido muy fuerte, las lápidas rompieron en trozos minúsculos y el suelo crujía y se resquebrajaba. Se oían voces que llegaban del interior de las tumbas. Aparecían en las lápidas dibujos que parecían lágrimas de sangre como si estuviese la piedra llorando a los que ya no estaban. Las letras que
componen los nombres de los difuntos desaparecían. Los muertos nos arrastraban. Estábamos tan muertas como ellos, pero de miedo. Comenzó a soplar un viento muy fuerte y se oían risas. Los cadáveres se acercaban a nosotros comiendo las vísceras de otros como ellos. Algunos tenían tijeras, otros, hoces. De pronto una gran tormenta iluminó aquel lugar y nos arrastró para dentro de un nicho. La soledad, la humedad y el silencio de aquel sitio eran escalofriantes. El no saber porque estaba pasando todo aquello nos tenía aterrorizados. Todo era muy frío y oscuro. Sólo los rayos dejaban ver aquel paisaje terrorífico y desolador donde fuimos a parar: pies
que caminaban solos, manos que hacían sonar sierras, pulmones que hacían de globos para jugar. ¿Qué nos está pasando? No volveremos a pasear por este sitio nunca más. La tormenta en vez de calmarse cada vez era mayor. No sabemos cómo pero nos quedamos dormidos en el interior de los nichos a donde fuéramos arrastrados. Dormimos poco tiempo, debieron ser unos
pocos minutos. Cuando despertamos, la tormenta había cesado, el suelo estaba bien como siempre, los ataúdes estaban en su sitio y las flores estaban colocadas. Las campanas tocaban ya en el campanario. Los cuervos croaban sin parar. Las letras volvían a componer los nombres de los difuntos allí enterrados. De repente un rayo enciende una luz muy grande y en el cielo se podía leer una frase que decía: “Hasta el próximo Samaín no entenderéis nada”.
Con mucho miedo en el cuerpo decidimos volver a casa. Por suerte podíamos contarlo. Estamos ansiosos y a la vez temerosos porque llegue el próximo Samaín.
Alberto Nóvoa González (5ºcurso)


Un cadro ao estilo de Piet Mondrian

Mostrámosvos o cadro que pintamos entre todos os nenos/as da clase. Primeiro recortamos cadrados e rectángulos en folios e pegámolos nun cartón ata cubrir todo o cadro. Despois pintámolos con cores primarias, branco e negro.  Deixámolo secar e a continuación colocamos tiras de cartolina negra arredor de cada figura xeométrica e o resultado é así de bonito. A todos/as nos gustou moito  e agora témolo exposto  na clase.


domingo, 3 de noviembre de 2013

NOVO CURSO (2013-14)

Despois dun ano de ausencia, volvemos  retomar este espazo coa ilusión de que haxa moitas aportacións  tanto de mestres coma do alumnado. Volvemos estar en 5º curso  e como estamos  adscritos ao programa  Abalar contamos cos medios necesarios  para continuar  con este blog que estivo en “stand by”  durante o pasado curso. Oxalá sirva de canle para que o alumnado se motive  a escribir, ademais de servir  de taboleiro virtual do que facemos na clase ou no centro. Invitamos desde aquí  a participar tamén aos alumnos /as de 6º.