TAREFA:
Con estas oito palabras debedes inventar unha historia relacionada co magosto: botas, esquío, magosto, verme, cogomelo, souto, gris e chuvia.
A continuación mostramos algunhas delas:
Para celebrar
o día do
magosto, no pobo
de Untes, os
rapaces máis novos
saíron pola mañá
a recoller castañas
ao souto que
había preto de alí.
Era un
día gris, frío
e de chuvia,
polo que tiveron
que poñer botas
de auga, chuvasqueiro
e levar un
paraugas vello que
tiñan gardado para
eses días.
De camiño
ao souto atoparon
dous esquíos que
subían por un
tronco dun carballo
centenario. Entretivéronse
mirando como os
esquíos comían nas
landras e recollendo
cogomelos.
Cando chegaron
ao souto había
castañas no chan,
pero tiveron que escollelas moi
ben porque algunhas
tiñan vermes.
Encheron todas
as cestas que
levaban e voltaron
moi contentos para
celebrar pola tarde
o magosto. Noelia
Pasou o verán e de novo chega o outono. Os meteorólogos pronostican
chuvia e moito frío. É o 11 de novembro, e coma cada ano, os nenos xuntámonos
para celebrar o magosto.
Entre todos os rapaces decidimos como queriamos celebralo. O día amosábase gris e as temperaturas
refrescaban cada vez máis, así que puxemos as botas de auga e fomos ó
monte buscar un sitio para facer a fogueira. Alí había un souto con moitos castiñeiros, e debaixo dun deles, un esquío
roía unha landra.
Collemos de paso unhas poucas castañas e ata atopamos algùn que outro
cogomelo .
-Miúda cea nos imos dar:
cogomelos, castañas, churrasco!- dixemos nós.
Fixemos a fogueira e nela cociñamos todos os froitos que atopamos no
souto e mais o churrasco. Aínda que algunha tiña o verme, estaban moi boas. O magosto resultou ser todo un éxito. Alberto
Dous rapaces dun pobo
da montaña do Courel, querían celebrar o magosto do 2013. Os rapaces Xoán e
María, de 10 anos, tiñan que conseguir as castañas, así que lle
pediron permiso aos seus pais, puxeron as súas botas de auga, e alá foron ao souto. O ceo estaba moi gris, a paisaxe que viron era outoniza, o terreo moi abrupto e o chan estaba mollado, debían andar con coidado. Había cogomelos, fentos, silvas, algúns
acivros, pero o que máis había era castiñeiros. Os rapaces non se libraron da
chuvia, pero foran precavidos e levaran paraugas. Cando chegaron onda o castiñeiro máis vello,
puxéronse a apañar as castañas, pois eran as máis saborosas. Máis tarde os rapaces viron un esquío, e
acercáronse a el, e o esquío contoulles que un lobo que comía rapaces vivía nese monte, e Xoán e
María colleron moitísimo medo. Máis adiante viron o verme Lucerne, e
preguntoulles se o esquío Marío lles contara unha historia dun lobo, eles
contestáronlle que si e el díxolles que non lle fixesen caso, que era mentira,
os rapaces déronlles as grazas e marcharon do souto.
Cando chegaron á súa casa
e lles contaron o que pasara no souto, non os creron. Ao día seguinte, fixeron o
magosto, foi moi divertido e os nenos pasárono xenial, e Xoán e María acordaron volver
outro día ao souto para ver se conseguían atopar o verme que tan ben se portara
con eles. Ángel
Nunha aldea chamada Porcho vivían dous rapaces, un chamábase Bruno e o outro Xoán. Un
día cando estaban en clase a profesora díxolles que para preparar o magosto ía
facer varios grupos de traballo.
A Bruno e a Xoán tocoulles ir coller cogomelos
e elixiron ir collelos o venres pola tarde, pois dixeran no tempo que na fin de semana ía
chover e facer moito frío. Foron a un souto que estaba preto da súa casa.O ceo
estaba gris aquel día pero polo menos non facía falta pór as botas de auga.
Bruno
cando estaba a punto de coller un cogomelo oíu unha voz.
- Dixeches algo? - Preguntoulle Bruno a Xoán.
- Non – contestou Xoán.
Entón deuse conta de que a voz proviña dun verme que estaba no chan.
Entón deuse conta de que a voz proviña dun verme que estaba no chan.
- Non me roubedes o meu cogomelo, ladróns - dixo o verme.
- Que queres a cambio? – preguntoulle Xoán.
- Quero encontrar o meu amigo o esquío.
- E logo que fixo? Igual anda escondéndose da policía! – exclamou Bruno.
- Non, non. – respondeu o verme.
- Bufff…-suspirou Bruno – entón que é?
- É que o esquío foi a unha festa e aínda non volveu, e disto hai máis de 24
horas.
- Entón que queres que fagamos?- preguntoulle Xoán.
- Quero que o atopedes. Cos vosos pasos de xigante chegaredes antes ca min. - Dixo o verme.
- A onde foi? - Preguntoulle Xoán.
- A Porcho. A festa é no xardín traseiro dunha casa que parece un pazo, moi bonita.
- É ao lado da miña casa! - Exclamou Xoán.
Os dous voltaron correndo. O primeiro que fixo Xoán ao chegar foi parar a música e todos os animais quedaron
quedos.
- Onde está o esquio?- preguntoulles Xoán.
- Entrou na casa . – Dixéronlle os animais.
A dona da casa déralle ao esquío cun pau, porque
lle estaba comendo as noces, e deixárao inconsciente.
- Déme o esquío? - díxolle Xoán á muller.
Os dous
foron correndo e levárono ata o verme.
- Está morto? – preguntoulle o verme a Xoán.
- Non, só está inconsciente.
E o
verme deulles o cogomelo. Ao día seguinte foron á escola e mostráronlle o fungo
á profesora.
- É unha especie moi rara, é mellor gardala en vez de consumila. –
Comentoulles a súa profesora.
Bruno e
Xoán saíron da escola moi ledos de atoparen un fungo tan preciado o cal foi exposto, para que todos o puidesen observar, na
entrada do colexio. Martín
A comenzos de
novembro uns rapaces que vivían nunha aldea de Ourense chamaba Santa Cruz de Arrabaldo querían celebrar o magosto
e como non tiñan castañas decidiron ir ao souto a recollelas.
Como o bosque estaba mollado pola chuvia e o día estaba frío e gris puxeron as botas de auga e chuvasqueiros. Polo camiño atoparon cogomelos e decidiron collelos, porque a nai dun deles
coñecíaos e ao mellor facíalles unha
tortilla con eles. Cando xa viñan para a casa cos cogomelos e as castañas
atoparon un esquío e capturárono .
Ao chegar á casa foron deixar todo na bodega e marcharon durmir. Ó día seguinte cando
foron buscar os cogomelos e as castañas
para asalas non atoparon ningunha, porque o esquío saíra da caixa onde o meteran e rilláraas todas, o único que había no chan era una verme que saíra
dunha castaña furada .
Os rapaces quedaron
pampos e moi amolados, porque aquel ano
non podían celebrar o
magosto. Yolanda