Un cadro ao estilo de Piet Mondrian
Mostrámosvos o cadro que pintamos entre todos os nenos/as da
clase. Primeiro recortamos cadrados e rectángulos en folios e pegámolos nun
cartón ata cubrir todo o cadro. Despois pintámolos con cores primarias, branco
e negro. Deixámolo secar e a
continuación colocamos tiras de cartolina negra arredor de cada figura
xeométrica e o resultado é así de bonito. A todos/as nos gustou moito e agora témolo exposto na clase.