Despois dun ano de ausencia, volvemos retomar este espazo coa ilusión de que haxa
moitas aportacións tanto de mestres coma
do alumnado. Volvemos estar en 5º curso
e como estamos adscritos ao programa
Abalar contamos cos medios
necesarios para continuar con este blog que estivo en “stand by” durante o pasado curso. Oxalá sirva de canle para que o alumnado se
motive a escribir, ademais de
servir de taboleiro virtual do que
facemos na clase ou no centro. Invitamos desde aquí a participar tamén aos alumnos /as de
6º.