A
POLICÍA NACIONAL ALERTA DOS PERIGOS DE INTERNET AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE
ALBINO NÚÑEZ
O día 8 de
novembro,venres, no CEIP Albino Núñez tivo lugar unha charla-coloquio
sobre seguridade en internet, impartida
por unha axente de policía, á que asistiron os nenos/as de 5º e 6ºde primaria.
Explicoulles que tiñan
que ter coidado
coas páxinas de
Internet por onde
navegan, os perigos que pode haber cando se conectan ás
redes sociais como pode ser o uso inapropiado da webcam ou que pasa se mandan
demasiada información, que debían ser moi
prudentes nos datos
cos que eles
se manexan nesas
páxinas (non dar nunca datos reais, non interactuar con descoñecidos...) Faloulles tamén como podían sufrir acoso a través da rede e
moitos máis consellos para navegar seguros por internet.
Os alumnos
mostráronse moi interesados e fixeron moitas preguntas.