lunes, 2 de enero de 2012

cartas aos Reis Magos

cartas aos Reis Magos

Vou mandar estas cartas aos Reis Magos, se non non van chegar a tempo. Que todos os vosos desexos se vexan cumpridos.

postais de Nadal

Neste Nadal participamos no concurso de postais que se celebrou no colexio. Estas son as da nosa clase e aínda que non saíu gañadora ningunha delas todas son moi bonitas. Para outra será! O que si escolleron foi o texto que o noso compañeiro Martín creou para a súa postal. Noraboa!

domingo, 1 de enero de 2012

Día Internacional dos Dereitos humanos


Co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro), na nosa clase, na asignatura de Ed. para a Cidadanía, estivemos facendo diversas actividades para coñecer os dereitos que temos todas as persoas e tamén para ver o grao de cumprimento destes dereitos no mundo. Unha destas actividades consistiu en que cada equipo elexise un dereito e logo confeccionase un mural arredor del. Mostrámosvolos na presentación seguinte.