Mostrando entradas con la etiqueta festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de abril de 2017

TALLER DE OVOS DE PASCUA

Dende fai uns anos, como pasa en todos os costumes que imos adquirindo doutras culturas, en Semana Santa lévase a tradición dos ovos de Pascua.    Os/ as alumnos/as de sexto de primaria decidimos facer un taller de ovos de Pascua con globos e papel de seda. Foi unha actividade super divertida.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos facéndoos.

martes, 28 de febrero de 2017

UN ENTROIDO VENTOSO

Despois de traballar arreo na preparación dos disfraces de vento entre papás, mamás, mestres, mestras, alumnos e alumnas, por fin chegou o día de por os disfraces e saír a disfrutar! O colexio Plurilingüe Albino Núñez ía estar afectado por unha serie de fenómenos meteorolóxicos adversos, entre eles o vento que non paraba de troulear.




ENTROIDO 2017- VENTO by Slidely Photo Gallery

E coma en toda a festa, a música non pode faltar. 
Os nosos compañeiros Carla e Anxo tocaron unhas pezas para comezar.




sábado, 26 de noviembre de 2011

manualidades con castañas


Nesta outra foto podedes ver algúns dos traballos que fixemos con castañas na nosa clase para a exposición que se puxo na entrada do colexio co gallo de honrar a este saboroso produto, pois, como sabedes, o magosto é unha festa típica da nosa cidade de Ourense..

mural magosto


Este ano polo magosto fixemos cada un dos nenos e nenas da clase unha castaña cun refrán, adiviña ou cantiga e un debuxo ilustrativo. Velaí tedes o mural que fixemos con todas elas. Tamén no slide podedes ver cada unha delas.

lunes, 16 de mayo de 2011

Os maios

A festa dos Maios é unha festa tradicional da nosa cidade de Ourense, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia. Basicamente consiste na realización de construcións con elementos naturais tales como “musgo”, flores silvestres, uces, xestas, bugallos, madeira, sacos de esparto, etc. Arredor dos maios os seus autores cantan unhas coplas irónicas e críticas co acontecido ao longo do ano, tanto de asuntos próximos coma de carácter máis xeral.
A orixe desta festa era celebrar a chegada da primavera, de aí o emprego de elementos naturais que aparecen nesta época do ano.
Esta celebración primaveral adóitase celebrar en Galicia o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3 (aínda que nos últimos anos vense celebrando o domingo anterior a esta data, para que poida participar máis xente da festa).

Os pasos para facer un maio son:
1.Faise a estrutura do maio que se quere representar con madeira.
2.Cóllese un gran montón de brión (musgo).Se se ten que coller días antes é importante conservalo nun sitio á sombra e mantelo húmido.
3.Cóbrese a estrutura con tea de saco.
4.Despois cunha agulla grande e curva vaise cosendo o brion á tea de saco, e así ata cubrilo enteiro.
5.Despois adórnase con bugallos, xestas, flores...
Xa temos o maio, agora a facer as coplas.

Este ano no noso colexio fixemos por primeira vez un maio e quedounos moi ben como podedes ver na presentación. Aquí tendes as coplas que fixemos entre 4ºB e 5ºA que espero que vos gusten.
Bruno

coplas maios 2011