miércoles, 17 de septiembre de 2014

NOVA


 VISITA A "EROSKI"
O xoves, pola mañá, imos visitar o supermercado "EROSKI". Primeiro veñen darnos unha charla ao centro sobre alimentación. Xa vos contaremos como foi. 

BENVIDOS

Que rápido pasaron as vacacións!!  Acaba de comezar un novo curso e, por fin!  sodes os maiores do cole!  Si, xa sei que levades agardando moitos anos por ser os nenos e nenas de 6º. Desexo que vos sexa un curso inesquecible, no que ademais de traballar tamén disfrutedes moitísimo.  Unha novidade coa que nos atopamos ao chegar en setembro foi que a metade dos compañeiros do ano pasado non están na nosa clase, pola contra, contamos con algúns compañeiros novos. Convídovos a todos  a seguir  colaborando neste blog, pois a súa existencia só ten sentido se serve de canle das vosas reflexións, actividades, novas...
Aquí contamos todos. Participa