Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de mayo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

O Día Internacional da Familia celébrase todos os anos o día 15 de maio. Esta data foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grao de concienciación sobre os temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares.
Este ano céntrase en resaltar o papel que xogan as familias e as políticas orientadas ás familias no fomento da educación e no benestar dos seus membros, en particular, a educación infantil e a formación continua para nenos e mozos.
Pois ben, nós queremos colaborar como cada ano e agasallar ás nosas familias. Dárlles as grazas por todo ese traballo e dedicación que nos brindan día a día- sexan pais, nais, avós, irmáns,…

Nesta ocasión reciclamos uns "tapacubos", limpámolos ben e pintámolos, cada un de nós, ao seu gusto. Empregamos pintura en "spray", papel, goma eva, feltro, corda decorativa,… O último paso foi poñerlles uns "minuteros"; como nos foi imposible atopalos, decidimos mercalos por Internet, non tardaron moito en chegar, pois viñeron de China. Finalmente, instalámoslles os "minuteros" aos "tapacubos" e mailas pilas, e así de chulos quedaron…

Para vos, familia!!!


DÍA DA FAMILIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

lunes, 2 de enero de 2012

postais de Nadal

Neste Nadal participamos no concurso de postais que se celebrou no colexio. Estas son as da nosa clase e aínda que non saíu gañadora ningunha delas todas son moi bonitas. Para outra será! O que si escolleron foi o texto que o noso compañeiro Martín creou para a súa postal. Noraboa!

domingo, 1 de enero de 2012

Día Internacional dos Dereitos humanos


Co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro), na nosa clase, na asignatura de Ed. para a Cidadanía, estivemos facendo diversas actividades para coñecer os dereitos que temos todas as persoas e tamén para ver o grao de cumprimento destes dereitos no mundo. Unha destas actividades consistiu en que cada equipo elexise un dereito e logo confeccionase un mural arredor del. Mostrámosvolos na presentación seguinte.