Mostrando entradas con la etiqueta charlas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta charlas. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de mayo de 2017

NAVEGA CON RUMBO

O 16 de maio tivo lugar no noso centro a actividade denominada NAVEGA CON RUMBO, destinada ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. É unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O obxectivo  deste programa é formar ao alumnado nas boas prácticas no emprego de Internet, previndo o ciberacoso, a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.
 
NAVEGA CON RUMBO by Slidely Slideshow

martes, 25 de abril de 2017

CHARLA PERIODÍSTICA

O pasado martes día 19 abril, recibimos a visita dunha periodista no noso centro: Fina Ulloa, unhas das periodistas do xornal La Voz de Galicia. Amosounos como foi a evolución do periódico dende o ano 1882 ata a actualidade. Ademais falounos das diversas seccións das que consta un xornal: noticias de portada, nacionais, rexionais, locais, internacionais, os anuncios clasificados, o ocio e entretenemento, os deportes, etc...
A introdución do xornal na escola non só é unha ferramenta pedagóxica senón tamén un medio importante de conectar ao alumnado co mundo que lle rodea. Os/as alumnos/as teñen dereito non só a acceder a realidade presente senón tamén a ir formando unha conciencia crítica para enfrontarse as distorsións da realidade que ofrecen os medios de comunicación.
Aprendemos moito desta visita, seguiremos traballando o xornal na aula porque nos ofrece posibilidades de facer unha ensinanza viva, funcional e interesante que conecta coa realidade. 


Charla sobre periodismo by Slidely Slideshow

lunes, 10 de abril de 2017

AIR PLANET


Coidar o noso planeta nunca foi tan divertido, fácil e interesante para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do noso colexio. O proxecto Air Planet, de Cooperación Internacional ONG, leva a sensibilización medio ambiental aos centros escolares, a través dun variado programa de actividades. Nesta edición amosáronnos unha atractiva exposición itinerante sobre o cambio climático.
O proxecto motivou aos rapaces e ao profesorado na protección duns dos tesouros máis prezados que temos: o noso planeta. E, a través do estímulo da responsabilidade e o interese dos rapaces polo medio ambiente, estivo orientado a mellorar o seu nivel académico nas materias relacionadas con este ámbito. 
Slidely Slideshow

Estamos convencidos de que "unha actitude solidaria dos máis novos de hoxe construirá unha sociedade mellor no futuro".

No seguinte documento podedes ler os paneis informativos da exposición sobre o cambio climático:

miércoles, 29 de enero de 2014

Charla sobre hixiene dental

O día 15 de xaneiro os nenos de 5º e 6º tivemos unha charla no colexio sobre hixiene dental. Primeiro a monitora ensinounos un vídeo sobre os dentes, como coidalos e previr as caries; logo estivo un anaco ensinándonos a cepillar os dentes: díxonos que había que cepillalos dende a enxiva ata a coroa, por diante e por detrás, sen esquecernos das moas que as hai que cepillar en movementos circulares. Todo isto débese facer tres veces ao día, e que o momento máis importante é á noite. Para isto utilizou un modelo de dentadura moi grande. Tamén nos falou das partes dun dente e os distintos tipos de dentes, do que era a placa dental e como ocasionaba a caries, da necesidade de acudir ao dentista dúas veces ao ano... Ao final puidemos facerlle algunhas preguntas.
         Telma e Andrea S.