jueves, 24 de febrero de 2011
Día da Paz
No noso centro celebramos o día da Paz con moitas actividades: fixemos lectura de poemas e cantamos cancións sobre a paz, tamén houbo algunha representación teatral e por último fixemos unha solta de globos que levaban unha pomba cunha mensaxe. Agardabamos que chegara moi lonxe, pero aínda non tivemos resposta de ninguén. Velaí tedes algunhas fotos.
Unha noite na ópera
Onte, día 23 de febreiro, os alumnos/as de 5º fomos ver a película "Unha noite na ópera" ao Auditorio de Ourense. Foi unha película moi divertida, e, a pesar de ser en branco e negro, pasámolo de medo co humor dos irmáns Marx. Recomendámosvola.
sábado, 20 de noviembre de 2010
portacastañas
Nesa semana todo o colexio participou nunha exposición de "portacastañas" que se instalou na entrada do colexio, e como podedes ver contaba con algúns ben orixinais. Se vos queredes animar para outro ano só vos fai falta un cartón de leite, zume... cortalo pola metade e decoralo como queirades. Claro que algúns botáronlle máis imaxinación e eles mesmos fixeron os moldes.
Novo curso con novos alumnos
Ola a todas/os.
Teño isto un pouco abandonado. Son varias as razóns: os nenos cos que comecei este blog xa promocionaron ao Instituto e agora estou con alumnos novos en 5º curso e entre coñecelos, coñecerme e outros líos co proxecto Abalar, no que andamos metidos este curso, pois o blog foise relegando a un segundo plano. A ver se pouco a pouco nos imos animando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)