domingo, 13 de marzo de 2011

sábado, 12 de marzo de 2011

entroido 2011








O venres, día 4, celebramos o entroido no noso colexio cun desfile de comparsas e máscaras individuais, tamén houbo un recitado de coplas e a queima do meco. Durante esa semana estivo exposta na entrada do colexio unha exposición de carautas feitas por todos os alumnos e alumnas.
A continuación mostrámosvos as coplas que elaboramos os nenos e nenas de 5º. e algunhas fotos da nosa clase e do meco.






COPLAS DO ENTROIDO 2011

Aquí estamos todos

xuntos para queimar

este meco culpable

do que vos imos contar.

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Este curso 2011

troucho moito que falar:

que se directora nova

que se programa ABALAR.


Ía empezar en setembro

logo, polo Nadal,

estamos no entroido,

e Wifi non hai.


Meco culpable

estasnos a amolar

nós só queremos

poder navegar.

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Imos a outra cousa

máis de saborear

este curso comemos

verdura e froita a fartar.


Que se parva no recreo

que se peixe no xantar

a Maite moito mira

polo noso benesta.

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Cambiemos de tema

pois aí vén o AVE

e coas obras houbo

o que xa se sabe:


accesos cortados

lama nos camiños

e cansos e fartos

protestas dos veciños.

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Unha nova conserxe

ó colexio chegou

é boa e simpática

e nunca se enfadou.

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Para manternos en forma

chegou don Xosé

e despois das clases

non nos temos en pé.


Por iso o mandamos

de vacacións

e poñémoslle de deberes

facer 101 flexións.

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Pedímosche meco

Con moito cariño

Que nos concedas

Un polideportivo

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Ós mestres pedimos

algo de compaixón

e non tantos suspensos

nas avaliacións.


Habías ti, meco

ter que chapar

naturais e lingua

en vez de xogar.


Morre por vago

e por comellón

e por non estudar

por nós a lección.


Que traballemos máis,

que falemos menos,

que comamos de todo.

¡Isto non é para nenos!

Ai, ai, ai o entroido está a chegar


Meco trangalleiro

ímoste queimar

porque todo o ano

nos fixeches rabiar.


Agora vas estoupar

e volveremos sorrir

e para o próximo curso

non te queremos aquí.


Fuches ruin, fuches falso

tamén fuches lareteiro

agora aí tes o pago

debaixo do fumeiro.

Ai, ai, ai o entroido está a chegar

jueves, 10 de marzo de 2011

No corazón do bosque


Valoracións:
Este libro trata dunha nena que vai de excursión á fraga do Eume e alí méteselle un trasno na mochila e cando chega á casa descóbreo. Xuntos van pasar uns meses marabillosos (Pablo)
Recoméndovos ler este fermoso libro, que seguro vos vai encantar (Bruno)
A min gustoume porque é moi simpático, xa que o trasno fai cada unha... (Even)
Vaivos gustar moito, asegúrovolo, pois a min encantoume e iso que non me gusta ler moito (Jeckson)

jueves, 24 de febrero de 2011


Día da PAZ


Día da Paz

No noso centro celebramos o día da Paz con moitas actividades: fixemos lectura de poemas e cantamos cancións sobre a paz, tamén houbo algunha representación teatral e por último fixemos unha solta de globos que levaban unha pomba cunha mensaxe. Agardabamos que chegara moi lonxe, pero aínda non tivemos resposta de ninguén. Velaí tedes algunhas fotos.

Unha noite na ópera

Onte, día 23 de febreiro, os alumnos/as de 5º fomos ver a película "Unha noite na ópera" ao Auditorio de Ourense. Foi unha película moi divertida, e, a pesar de ser en branco e negro, pasámolo de medo co humor dos irmáns Marx. Recomendámosvola.