martes, 20 de septiembre de 2011

A praia de Portugal

A PRAIA DE PORTUGAL

Era coma un día calquera: o almorzo pola mañá, ver a tele… pero resulta que non foi un día coma eses. Estaba eu tan tranquila vendo a tele cando entra a miña nai pola porta e dime que imos á praia; eu púxenme contenta, pero non tanto coma cando me dixo que iamos ir a unha praia de Portugal. Nese momento quedeime en branco como se estivera soñando e non fose verdade o que estaba pasando. Fun a primeira que montei no coche, claro que a miña curmá no lado da fiestra para que non se marease. Cando chegamos alí todo era marabilloso, non vira cousa igual. Fomos cara á praia. A area era finiña e a auga moi limpa, eu quitei tan rápido a toalla que parecía unha tola do contenta que estaba. Fun á auga, metinme nela e despois de tres segundos empecei a sentirme mal porque a auga picaba e empecei a berrar. Estaba tan, tan ilusionada que ao picarme a auga daquela maneira toda a miña alegría se estragou e sentinme fatal.

Andrea






jueves, 15 de septiembre de 2011

BENVIDA A TODOS E TODAS




Comeza un novo curso e, como vimos cargados de enerxía e bos desexos, imos intentar pór en práctica algúns cambios neste blog que xa comentamos no curso pasado. Ademais de servir de taboleiro de exposición dos traballos da clase podemos melloralo subindo as vosas reflexións, valoracións, novas... sobre calquera tema do voso interese, co que faremos un blog máis dinámico e participativo. Aquí todos temos moito que dicir.


ÁNIMO!!!!!

martes, 2 de agosto de 2011

Se queredes repasar o temario de matemáticas podedes ir aos seguintes enlaces:

domingo, 12 de junio de 2011

o tren da poesía




O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo que cada clase estudase un poeta e elexise un poema seu e logo se representasen en dúas cartolinas A3. Despois, con todas elas farían un tren que colocaron no corredor que leva á biblioteca. A nosa profesora elexiu a Celso Emilio Ferreiro e o poema “Monólogo do vello traballador”. Este poema tamén o recitou o noso compañeiro Fran no festival do Día das Letras Galegas e posteriormente cantámolo toda a clase acompañando a voz de Pucho Boedo e co visionado dunha presentación de power point.

Estas son as fotos dos nosos dous vagóns.