domingo, 22 de abril de 2012

Día da Paz



O 30 de xaneiro, Día da Paz, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso fomos cantarlles aos outros ciclos a canción do grupo Cómplices “Verdad que sería estupendo”, acompañada dun vídeo de youtube, ao que vos poñemos un enlace. Levabamos ensaiando a canción todos xuntos quince días e saíunos bastante ben, o vídeo tamén é moi bonito e ilustrativo. Pasámolo moi ben ensaiando a canción, aínda que era bastante difícil fomos capaces de aprendela porque puxemos moito interesepara facelo ben. Ademais fixemos para ese día unha especie de separadores que levaban por un lado unha frase dun personaxe que destacara na defensa da paz e pola outra ía adornada como cada un de nós quixo (non volos podemos mostrar porque aínda están colgados da árbore da paz que está colocada na entrada do colexio). Tamén fixemos uns medallóns que levabamos colgados cando fomos cantar a canción.
Aí vai o enlace ao vídeo que puxemos nós, hai moitas outras versións, todas moi bonitas. A nós pareceunos unha canción moi apropiada e fácil de entender para conmemorar o Día da Paz.

jueves, 23 de febrero de 2012

AS NOSAS GREGUERÍAS

Los diccionarios son los sabiondos de la gramática. (Bruno)

Cuando la Tierra gira, es Dios que se marea. (Bruno)

La pistola es el grifo de la muerte. (Adrián)

El musgo es el peluquín de las piedras. (Adrián)

Una mochila es una bolsa con tirantes. (Martín)

As plumas da cola do pavo real son as cores do arco da vella. (Helleni)

As árbores teñen unha copa pero non poden beber por ela. (Eva)

A iota do revés é o bastón para os vellos. (Joel)

O m son dúas montañas xorobadas. (Joel)

O bebé saúdase a si mesmo dándolle a man ao seu pé. (Jeckson)

Os estoxos teñen boca para comer lapis e bolis. (Sara)

Los remolinos son el agua de la cisterna de Poseidón. (Pablo)

Los ciclones se producen cuando la naturaleza sopla su tarta de cumpleaños. (Pablo)

La lechuga es la sábana de la hamburguesa. (Fran)

O 6 é o 0 que se aforcou. (María)

lunes, 2 de enero de 2012

cartas aos Reis Magos

cartas aos Reis Magos

Vou mandar estas cartas aos Reis Magos, se non non van chegar a tempo. Que todos os vosos desexos se vexan cumpridos.

postais de Nadal

Neste Nadal participamos no concurso de postais que se celebrou no colexio. Estas son as da nosa clase e aínda que non saíu gañadora ningunha delas todas son moi bonitas. Para outra será! O que si escolleron foi o texto que o noso compañeiro Martín creou para a súa postal. Noraboa!

domingo, 1 de enero de 2012

Día Internacional dos Dereitos humanos


Co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro), na nosa clase, na asignatura de Ed. para a Cidadanía, estivemos facendo diversas actividades para coñecer os dereitos que temos todas as persoas e tamén para ver o grao de cumprimento destes dereitos no mundo. Unha destas actividades consistiu en que cada equipo elexise un dereito e logo confeccionase un mural arredor del. Mostrámosvolos na presentación seguinte.