Para conmemorar o Día do Consumidor, este curso, ao igual que outros anos, veu ao centro un grupo de teatro chamado TRÉCOLA TEATRO representarnos unha obra titulada "Cling" dentro da campaña da OMIC do Concello de Ourense. Baixamos todos os cursos a vela ao salón de actos. Con ela aprendemos cousas como cal foi a orixe da moeda e problemas que os consumidores tiveron nas diferentes épocas históricas. Todo dunha maneira moi divertida. Pasámolo moi ben, gustáronnos moito todos os actores e actrices, pero especialmente gustounos unha actriz que coñeciamos porque é a mamá dun neno do colexio. NORABOA
domingo, 27 de abril de 2014
jueves, 3 de abril de 2014
Teatro "VAIA CIRCO" de Odaiko
O
día 31 de marzo, luns, os nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP Albino
Núñez fomos ao auditorio a ver a obra “¡Vaia circo!” do grupo Odaiko.
A
obra ía de catro percusionistas galegos que inventaron a muiñeira e
viaxan por toda España para compartir o seu novo ritmo e en
diferentes cidades van coñecendo ritmos, cancións e instrumentos
distintos que nos dan a coñecer, interpretando diferentes pezas e
estilos musicais.
Primeiro
viaxan a Madrid e alí escoitan unha marcha nova.
Ao
ver o musical do Rei León preséntanos os instrumentos de África.
Outro día preséntannos todo o relacionado coa música húngara.
Acaban levándonos a China..., para logo voltar ao seu lugar natal,
Touporroutou. Todo isto cheo de escenas cómicas, de aquí que todo pareza un circo.
A
nós gustoume moito como tocaban e como representaron á perfección
os distintos tipos de música do mundo e de maneira tan divertida. Aos nosos compañeiros tamén lles gustou moito.
Charla "Na casa, todos iguais"
O 12 de marzo tivemos unha charla no centro que tiña por título "Na casa todos iguais". Esta charla escolleuna a profesora para traballar a igualdade entre homes e mulleres e así conmemorar o Día Internacional da Muller, que fora o 8 de marzo. O tema tratado foi a necesidade de compartir entre todos as tarefas do fogar. A monitora mostrounos o vídeo Un sueño imposible e tamén cubrimos un cuestionario sobre quen facía cada unha das tarefas na nosa casa e logo fixemos un contrato no que nos comprometiamos a facer algún labor na casa.
jueves, 6 de marzo de 2014
miércoles, 5 de marzo de 2014
Charla sobre a reciclaxe
O 21 de febreiro os nenos e nenas da nosa clase asistimos a una
charla sobre a reciclaxe titulada “Ti reciclas, Ourense gaña”.
Un señor explicounos,
valéndose dunha proxección, que os residuos non eran lixo, que os residuos eran
todas as cousas que non iamos utilizar máis porque deixan de ter valor para nós,
pero que se podían utilizar para outras cousas. Comentounos mediante unha
gráfica a cantidade de residuos que se producen en España e en Galicia durante
todo un ano e tamén como podiamos facer para reducilos. Ensinounos imaxes de
vertedoiros e díxonos que o material que non reciclabamos ía alí, e tamén nos
explicou como funciona Sogama.
Dixo que
podiamos reducir o lixo que facemos usando a “regra dos tres R”: reducir, reutilizar
e reciclar (nesta orde) e como había que reciclar correctamente pois se non o
faciamos ben todo o esforzo non valía para nada. Por exemplo, non se pode botar
un vaso ou un cristal dunha ventá no contedor de vidro porque isto non é vidro
senón cristal. Tampouco botar unha tina de plástico no contedor de plástico, só
envases. No de papel non botar papeis nin cartóns con graxa, ou mollados.
Pareceunos
moi importante esta charla porque aínda que había cousas que xa as sabiamos,
outras non e así poderemos contribuír a producir menos residuos, a reciclar ben
e polo tanto a mellorar o noso planeta.
(Xian e Ángel)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


