domingo, 27 de abril de 2014

Día do Libro

Por que se elexiu esta data?


O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día no ano 1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén se conmemora o nacemento ou morte doutros autores importantes como Maurice Druon, Haldor K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla y Manuel Mejía Vallejo.
A idea  orixinal da celebración do Día do Libro partiu  de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés propoñéndolla á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Afonso XIII de España en 1926. O  Día del Libro foi   presentado  polo goberno español á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Proposta que se aprobou na Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París no 1995, proclamando o 23 de abril de cada ano como "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".

 "Ventana abierta a la diversidad de las culturas y puente tendido entre las civilizaciones, vector de valores, de saberes, del sentido estético y de la imaginación, el libro es ante todo obra de la inteligencia, la creatividad y la cultura humanas: por ello enriquece el patrimonio inmaterial de la humanidad..." (Koïchiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO).
 Frase de celebración do Día Mundial do Libro 2014:
«...Nuestra finalidad está clara: alentar a los autores y artistas y velar por que la alfabetización y los formatos accesibles lleguen a más mujeres y hombres, porque los libros son nuestras herramientas más poderosas para erradicar la pobreza y construir la paz.»
Sra. Irina Bokova, Directora General de la UNESCO

 Como o celebramos nós?  



O 23 de abril os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º lémoslles un libro aos máis pequenos.  Cada un de nós escolleu un libro, dos xa seleccionadas polos mestres, e despois de ler cada un o seu na clase, para facelo o mellor posible, aquel día pola mañá baixamos ao patio acompañados cada un do neno ou nena que lle tocara. A nós tocounos lerlles aos de 1º curso. Xa no patio colocámonos cada parella onde quixo e puxémonos a ler o conto.  Nós tivemos un pouco de mala sorte porque non nos puidemos sentar na herba, como tiñamos pensado,  xa que estaba mollada, e tivemos que sentarnos nos patios cubertos.
Foi moi interesante, nós pasámolo ben léndolle aos pequenos e eles tamén nos dixeron que lles gustaran  os contos elexidos.
Podedes ver as fotos na presentación anterior.


TEATRO: Día do consumidor

Para conmemorar o Día do Consumidor, este curso, ao igual que outros anos, veu ao centro un grupo de teatro chamado TRÉCOLA TEATRO  representarnos unha obra titulada "Cling" dentro da campaña da OMIC do Concello de Ourense. Baixamos todos os cursos a vela ao salón de actos. Con ela aprendemos cousas como cal foi a orixe da moeda e problemas que os consumidores tiveron nas diferentes épocas históricas. Todo dunha maneira moi divertida. Pasámolo moi ben, gustáronnos moito todos os actores e actrices, pero especialmente gustounos unha actriz que coñeciamos porque é a mamá dun neno do colexio. NORABOA

jueves, 3 de abril de 2014

Teatro "VAIA CIRCO" de Odaiko

O día 31 de marzo, luns, os nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP Albino Núñez fomos ao auditorio a ver a obra “¡Vaia circo!” do grupo Odaiko.

A obra ía de catro percusionistas galegos que inventaron a muiñeira e viaxan por toda España para compartir o seu novo ritmo e en diferentes cidades van coñecendo ritmos, cancións e instrumentos distintos que nos dan a coñecer, interpretando diferentes pezas e estilos musicais.

Primeiro viaxan a Madrid e alí escoitan unha marcha nova.

Ao ver o musical do Rei León preséntanos os instrumentos de África. Outro día preséntannos todo o relacionado coa música húngara. Acaban levándonos a China..., para logo voltar ao seu lugar natal, Touporroutou. Todo isto cheo de escenas cómicas, de aquí que todo pareza un circo.


A nós gustoume moito como tocaban e como representaron á perfección os distintos tipos de música do mundo e de maneira tan divertida. Aos nosos compañeiros tamén lles gustou moito.
                                                                                            Martín e Telma



Charla "Na casa, todos iguais"

O 12 de marzo tivemos unha charla no centro que tiña por título "Na casa todos iguais". Esta charla escolleuna a profesora para traballar a igualdade entre homes e mulleres e así conmemorar o Día Internacional da Muller, que fora o 8 de marzo. O tema tratado foi a necesidade de compartir entre todos as tarefas do fogar. A monitora mostrounos o vídeo Un sueño imposible  e tamén cubrimos un cuestionario sobre quen facía cada unha das tarefas na nosa casa e logo fixemos un contrato no que nos comprometiamos a facer algún labor na casa. 



jueves, 6 de marzo de 2014

miércoles, 5 de marzo de 2014

Fotos entroido 2014

Charla sobre a reciclaxe

O 21 de febreiro os nenos e nenas da nosa clase asistimos a una charla sobre a reciclaxe titulada “Ti reciclas, Ourense gaña”.
Un señor explicounos, valéndose dunha proxección, que os residuos non eran lixo, que os residuos eran todas as cousas que non iamos utilizar máis porque deixan de ter valor para nós, pero que se podían utilizar para outras cousas. Comentounos mediante unha gráfica a cantidade de residuos que se producen en España e en Galicia durante todo un ano e tamén como podiamos facer para reducilos. Ensinounos imaxes de vertedoiros e díxonos que o material que non reciclabamos ía alí, e tamén nos explicou como funciona Sogama.
Dixo que podiamos reducir o lixo que facemos usando a “regra dos tres R”: reducir, reutilizar e reciclar (nesta orde) e como había que reciclar correctamente pois se non o faciamos ben todo o esforzo non valía para nada. Por exemplo, non se pode botar un vaso ou un cristal dunha ventá no contedor de vidro porque isto non é vidro senón cristal. Tampouco botar unha tina de plástico no contedor de plástico, só envases. No de papel non botar papeis nin cartóns con graxa, ou mollados.

Pareceunos moi importante esta charla porque aínda que había cousas que xa as sabiamos, outras non e así poderemos contribuír a producir menos residuos, a reciclar ben e polo tanto a mellorar o noso planeta.   (Xian e Ángel)