miércoles, 8 de octubre de 2014
lunes, 6 de octubre de 2014
DEREITOS HUMANOS
Traballamos os Dereitos Humanos en Educación para a Cidadanía. Unha das actividades que fixemos foi elexir cancións que fixeran alusión aos dereitos humanos e logo analizar as letras e ver que artigos se trataban nelas. De momento traballamos as cancións Los Derechos Humanos de los Lunis e Yo te nombro Libertad de Nacha Guevara. Mostrámosvos as letras e os enlaces aos vídeos de Youtube. Disfrutade!!!
LOS DERECHOS HUMANOS
Azul, verde o rojo
no importa el color ni el idioma, raza o religión. Da igual de donde vienes, da igual a donde vas. Si vives en el campo o en la gran ciudad Nacemos libres nacemos iguales tenemos derechos, universales. Nacemos libres nacemos iguales los mismos derechos, somos responsables. Derecho a la escuela, a la educación. |
Derecho a la salud,
a la protección.
Derecho a opinar y a participar, unos y otros con libertad
Nacemos libres
nacemos iguales
tenemos derechos, universales. Nacemos libres nacemos iguales los mismos derechos, somos responsables.Libreeeesss
Igualeeeees
Derechoooosss universales
|
YO TE NOMBRO LIBERTAD de Nacha Guevara
miércoles, 17 de septiembre de 2014
BENVIDOS
Que rápido pasaron as vacacións!! Acaba de comezar un novo curso e, por fin! sodes os maiores do cole! Si, xa sei que levades agardando moitos anos por ser os nenos e nenas de 6º. Desexo que vos sexa un curso inesquecible, no que ademais de traballar tamén disfrutedes moitísimo. Unha novidade coa que nos atopamos ao chegar en setembro foi que a metade dos compañeiros do ano pasado non están na nosa clase, pola contra, contamos con algúns compañeiros novos. Convídovos a todos a seguir colaborando neste blog, pois a súa existencia só ten sentido se serve de canle das vosas reflexións, actividades, novas...
Aquí contamos todos. Participa
lunes, 9 de junio de 2014
Para An Alfaya
Xa vos mostramos nunha entrada anterior os debuxos que fixemos para a escritora An Alfaya despois da lectura do seu libro Zoa e Azor, e agora mostrámosvos a composición que fixemos para a revista deste ano. Quedou así.
domingo, 8 de junio de 2014
Excursión a Marcelle
O día 29 de xuño os nenos e nenas de 3º ciclo fomos de excursión a Marcelle. Saímos ás 8:30 do colexio e regresamos ás 21h. Chegamos a Marcelle ás 10:30 e dividíronnos en dous grupos, cada un con seu monitor. Recorremos todo o zoo observando os diferentes animais que viven alí, ademais relizamos actividades moi divertidas coma o tiro ao arco. Só paramos para xantar. Ás 16:30 acabamos a visita. Foron seis horas que se nos pasaron moi rápido pois pasámolo moi ben, só tivemos un problema que foi que non parou de chover en todo o tempo, aínda así foi unha xornada inolvidable e todos estamos dispostos a volver repetila. Logo tiñamos pensado recorrer a muralla de Lugo e dar un paseo pola cidade pero os profes decidiron non parar para que non nos mollaramos e tivemos que nos conformar con vela desde o autobús que deu unha volta arredor de toda a muralla. Cando chegamos a Chantada deixou de chover e paramos a merendar nun parque moi bonito. Ao rematar regresamos a Ourense. Xa estamos pensando na excursión do ano que vén.
Aquí vos deixamos algunhas fotos deste bonito día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)
