domingo, 11 de enero de 2015

sábado, 10 de enero de 2015

NADAL 2014

Imos contarvos como celebramos o Nadal na nosa clase. Dicimos celebralo porque coas actividades que fixemos  pasámolo moi ben e disfrutamos moito. Colaboramos na exposición de postais que se fixo a nivel de colexio (as nosas podédelas ver na presentación) e tamén  no festival de Nadal que tivo lugar os días 18 e 19 de decembro, o 18 asistimos os nenos e nenas do colexio e os nosos mestres, e o 19 foi a representación para os nosos pais. 
Nós para o festival  preparamos una pequeña obra de teatro titulada “Onde vai o neno” que trataba  dun Nacemento no que non hai neno e o pregoeiro está moi amolado porque  é o responsable de que saia todo ben e non entende que se faga  un nacemento sen  neno. Os demais personaxes  intentan explicarlle que non fai falta o neno porque todos os alí presentes levan un neno dentro e que só hai que deixalo saír, que no Nadal todo é posible porque é tempo de soñar.

Cando a profe nos preguntou como queriamos participar no festival de Nadal todos lle dixemos que fixeramos unha obra de teatro porque quedaramos moi contentos coa que representamos o ano pasado pero a profe non estaba moi convencida porque iamos algo atrasados nos temas das materias,  ao final aceptou, sempre que non nos importase  ensaiar tamén nos recreos para non perder tantas clases, nós dixémoslle que si e comezamos os ensaios a comezos de novembro  nas clases de relixión / atención educativa e mais nos recreos (agradecemos desde aquí á mestra  de relixión que nos deixase  as súas horas para ensaiar). Nos ensaios pasámolo moi ben aínda que a algún custoulle  un pouco meterse no papel pero ao final todos o fixemos moi ben. 
O día da representación  para o colexio  felicitáronnos moitos mestres e compañeiros, dixéronnos que lles gustara moito a mensaxe da obra  e que a representación fora xenial, os pais para o outro día tamén nos dixeron que estabamos feitos uns grandes actores e actrices, que lles gustara moito,  pero o que máis nos importou foi que a nosa mestra quedara satisfeita co traballo de todos.  
Agora estamos un pouco tristes porque para o ano que vén xa non poderemos facer outra obra de teatro porque non estaremos neste colexio, a profe dinos que nos apuntemos  no grupo de teatro do Instituto ao que vaiamos.  

Se queredes podedes  ver algunhas fotos na presentación do blog  e tamén na páxina web do colexio.  

martes, 16 de diciembre de 2014

CARTEÁMONOS:CEIP JOSÉ Mª LAGE (ORTIGUEIRA) -CEIP ALBINO NÚÑEZ (OURENSE)

Os mestres do CEIP de Ortigueira puxéronse en contacto  cos do noso colexio para que os seus alumnos se cartearan cos do noso e houbo varios dos nosos mestres aos  que lles pareceu unha boa idea, pois así coñeciamos os nenos dun centro da costa e podiamos intercambiar experiencias, opinións, á vez que usabamos a nosa lingua.  No noso caso, no mes pasado, recibimos unha carta dos nenos da clase de 6ºA onde nos contaban cousas moi interesantes da súa clase e da vila, ademais enviáronnos folletos de turismo nos que se poden ver as cousas máis destacadas da vila e dos arredores. Nós, pola nosa parte, tamén lles enviamos unha carta e ademais un vídeo, onde nos presentamos cada un de nós, e unha presentación Powerpoint coas dependencias do noso colexio, para que nos coñezan un pouco mellor. Enviámoslles tamén algún folleto turístico da cidade, especialmente das Termas, un libriño sobre a historia de Ourense e un exemplar da revista escolar do ano pasado. 
AGARDAMOS ENTUSIASMADOS QUE NOS CONTESTEN E NOS SIGAN CONTANDO COUSAS PARA COÑECELOS MELLOR E OXALÁ NOS PUIDÉSEMOS COÑECER EN PERSOA. A VER SE SE ANIMAN OS PROFES!!

domingo, 14 de diciembre de 2014

VISITA MUSEO MUNICIPAL



 O venres, 12 de decembro, fixemos unha visita ao Museo Municipal e alí vimos unha exposición temporal que leva por título "Vidas Entrecruzadas". Tivemos a sorte de que se presentaba a peza correspondente a este mes e puidemos coñecer ao seu autor. Logo vimos as fotografías en color da 2ª planta e as de branco e negro da 1º planta, con temáticas moi distintas. A guía íanos explicando o motivo de cada exposición e o seu significado. As fotografías gustáronos pero viñemos un pouco decepcionados porque esperabamos ir ver pintura e non foi así.

domingo, 7 de diciembre de 2014

sábado, 6 de diciembre de 2014

CHARLA SOBRE ENERXÍA

O luns, día 1 de decembro, os nenos de 5º e 6º tivemos unha charla sobre a enerxía.  O monitor, que pertencía a Gas Natural, explicounos o concepto de enerxía, tipos de enerxía, necesidade de aforro enerxético, cousas que xa moitos sabiamos, pero tamén nos falou de km 0, a pegada de CO2 de cada alimento, diferenza entre eficaz e eficiente, etc, que case ningún de nós coñecía. Todo isto coa axuda dunha presentación a modo de cómic, e formulándonos moitas preguntas polo que nos resultou moi interesante e nada aburrida.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

O día 13 de novembro houbo unha charla no centro sobre o acoso escolar. Acudimos os nenos e nenas de 5º e 6º curso. A charla foi impartida por unha axente da Policía Nacional. Esta axente explicounos en que consistía o acoso escolar e o ciberacoso. Insistiunos moito en que cando soubésemos dalgún caso de acoso debiamos informar aos nosos pais ou aos profesores, para evitar que fose a máis. Logo falounos dos perigos das redes sociais e díxonos que os nenos e nenas menores de 14 anos que tiñamos facebook, twitter, etc, que estabamos facendo algo ilegal. Contounos casos de rapaces que sufriran acoso escolar e que algún incluso chegara a suicidarse do moito que sufriran. 



Falounos tamén de como actuaban os pederastas e secuestradores de nenos a través da rede. Outro aspecto importante que nos comentou foi que non se poden subir fotos de ninguén sen o seu permiso. Foi unha charla moi interesante.